López Abella destaca a premisa do Goberno galego de consolidar un sistema educativo comprometido coa igualdade de oportunidades

  • Susana López Abella asistiu esta mañá ao I Congreso escolar polas Igualdades organizado polo IES Maruxa Mallo
  • Susana López Abella asistiu esta mañá ao I Congreso escolar polas Igualdades organizado polo IES Maruxa Mallo
  • Susana López Abella asistiu esta mañá ao I Congreso escolar polas Igualdades organizado polo IES Maruxa Mallo

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2018.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella destacou que o Goberno galego considera que para avanzar cara a absoluta igualdade é imprescindible abordar de maneira prioritaria as actuacións dirixidas a consolidar un sistema educativo comprometido coa igualdade de oportunidades para nenas e nenos sen estereotipos de xénero, baseado na educación en valores e no respecto.

Susana López Abella asistiu esta mañá ao I Congreso escolar polas Igualdades organizado polo IES Maruxa Mallo, onde lembrou que a Xunta elaborou o I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020 que sirve de referente a todos os centros educativos co fin de abordar a temática da coeducación e a prevención da violencia de xénero desde unha perspectiva estrutural, integral e transversal, no que se recollen de forma sistemática as medidas que se van desenvolver nas diferentes áreas do ámbito educativo dirixidas a alumnado, profesorado e equipos de orientación.

A Comunidade Autónoma de Galicia e a Administración educativa amosa, coa publicación deste I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia, o seu compromiso coa igualdade de oportunidades e de xénero coa finalidade de promover a construción dun novo modelo formativo capaz de abranguer por igual o feminino e o masculino. 

Tema: