López Abella destaca a importancia de visibilizar o papel das mulleres que foron pioneiras na nosa comunidade

A titular de Igualdade, asistiu á presentación do libro ‘Isabel Zendal nos Arquivos de Galicia’, onde indicou que a historia de Isabel Zendal é un exemplo como muller e como traballadora

  • A titular de Igualdade, asistiu á presentación do libro ‘Isabel Zendal nos Arquivos de Galicia’, onde indicou que a historia de Isabel Zendal é un exemplo como muller e como traballadora
  • A titular de Igualdade, asistiu á presentación do libro ‘Isabel Zendal nos Arquivos de Galicia’, onde indicou que a historia de Isabel Zendal é un exemplo como muller e como traballadora
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2018.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella destacou hoxe a importancia de visibilizar o papel das mulleres que foron pioneiras na nosa comunidade, que se adiantaron ao seu tempo e que fixeron posible a Galicia de hoxe.
 
Susana López Abella, asistiu á presentación do libro ‘Isabel Zendal nos Arquivos de Galicia’, onde indicou que a historia de Isabel Zendal é un exemplo como muller, un exemplo como enfermeira, que xa en tempos pretéritos protagonizou unha misión humanitaria da que posteriormente se beneficiou todo o mundo.
 
As mulleres galegas de hoxe, aprendemos destas mulleres pioneiras, ensináronnos ben, moi ben, por iso hoxe as mulleres afrontamos o presente e o futuro con valor e determinación, seguras de nos mesmas. Recoñecemento o legado da coraxe, sabedoría e independencia que nos entregaron as nosas pioneiras. Temos a responsabilidade de transmitir esta herdanza ás novas xeracións de homes e mulleres, finalizou López Abella.
Tema: