A literatura galega perdeu á poetisa ourensá Dora Vázquez

A literatura galega está de luto tras o falecelemento, o pasado xoves, da escritora e mestra ourensá Dora Vázquez aos 97 anos de idade, unha muller con verdadeira vocación e dedicación as letras, unha auténtica pasión pola poesía e pola literatura infantil e xuvenil. Foise a escritora e a súa inspiración, pero quédanos o seu legado, composto por preto dun millar de traballos, artigos, poemas, ensaios, contos, novelas, teatro e escolares.

Dora Vázquez foi enterrada o sábado no ceminterio de San Francisco (Ourense) ao lado de ilustres escritores como José Ángel Valente, Eduardo Blaco Amor, Vicente Risco ou Otero Pedrayo, e por suposto ao carón da súa inseparable irmá Pura, falecida en 2006, e coa que formou un binómio inseparable e unha referencia ineludible das letras en Galicia e a pioneira da literatura infantil en galego.

Nunca abandonou o seu oficio de maestra, que comezou no pobo de Teimende, onde estivo 18 anos, pero dende moi nova comezou a publicar en revistas como A Noite, Vagalume ou Vida Galega e foi a súa porta de entrada a unha grande obra literaria, con novelas, poemas, libros xuvenis e infantis. De feito, coa obra de teatro infantil En busca de un corazón gañou o II Concurso de teatro e literatura do Ministerio de Educación e con Cabaliño repintado obtuvo o terceiro premio de Poesía Infantil, en 1974. Sen embargo, o recoñecemento maior chegoulle a partir dos 60 anos con obras como Cascabel, o cabaliño do circo, Soñando con Ourense ou Oración xunto ao camiño.

A vida de Dora Vázquez, xa fose soa o coa súa irmá, estivo marcada polas letras, e a cidade de Ourense agradeceullo creando, fai casi dez anos, un certame literario co nome das irmás Vázquez: O Premio de Narrativa e Ilustración Infantil e Xuvenil 'Pura y Dora Vázquez'. Ademáis, entre os numeroso premios a súa labor figura a homenaxe que rendeu o Liceo de Ourense a súa dilatada traxectoria e contribución á literatura galega concedéndolle a Medalla de Ouro da entidade.