Lete Lasa destaca o deporte galego como “un excelente medio para exportar a imaxe do noso tecido empresarial e como ferramenta de tolerancia, igualdade e non violencia”

Agradece a colaboración de Abanca, “socio imprescindible” do programa e da Secretaría Xeral da Igualdade pola súa “sensibilidade co deporte”Agradece a colaboración de Abanca, “socio imprescindible” do programa e da Secretaría Xeral da Igualdade pola súa “sensibilidade co deporte”Agradece a colaboración de Abanca, “socio imprescindible” do programa e da Secretaría Xeral da Igualdade pola súa “sensibilidade co deporte”

  • Lete Lasa destaca o deporte galego como “un excelente medio para exportar a imaxe do noso tecido empresarial e como ferramenta de tolerancia, igualdade e non violencia”
  • Lete Lasa destaca o deporte galego como “un excelente medio para exportar a imaxe do noso tecido empresarial e como ferramenta de tolerancia, igualdade e non violencia”
  • Lete Lasa destaca o deporte galego como “un excelente medio para exportar a imaxe do noso tecido empresarial e como ferramenta de tolerancia, igualdade e non violencia”

Santiago de Compostela, 11 de abril.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e polo xerente da RSC de Abanca, Fernando Filgueiras, participou nunha xornada de traballo mantida cos clubs de alto nivel de Galicia no serán de hoxe na Escola Galega de Administración Pública, para tratar diversos puntos en relación ao Plan de Patrocinio Publicitario dos equipos de Alta Competición de Galicia 2019.

O máximo responsable do Deporte galego agradeceu a colaboración de Abanca, “socio imprescindible” do programa que leva cinco anos “contribuíndo ao desenvolvemento do deporte galego”. Do mesmo xeito, agradeceu á Secretaría Xeral da Igualdade a súa “sensibilidade co deporte” e amosou a disposición do deporte galego para ser “o mellor dos aliados na loita pola igualdade”.

Na súa intervención, José Ramón Lete Lasa definiu o deporte galego como “un excelente medio para exportar a imaxe do noso tecido empresarial, así como tamén para poñer en valor a súa importancia como ferramenta de tolerancia, igualdade e de non violencia”. Neste sentido, o secretario xeral valorou o traballo dos clubs de alta competición de Galicia dos que recoñeceu o seu “labor diario no que se sustenta o deporte galego e que forma aos nosos deportistas, ao tempo que representa a toda Galicia en España e fóra dela”.

Como novidades do Plan, o secretario xeral informou da simplificación administrativa que supón unha axilización nos pagos que pasan de tres a dous -o 80% na firma do convenio e o 20% restante finalizado o exercicio 2019-, así como a creación dun grupo de patrocinio para modalidades e especialidades olímpicas e paralímpicas con equipos en campionatos de España de máximo nivel (karate, loita, natación e ximnasia) e a ampliación dos equipos que participen no terceiro máximo nivel en modalidades e especialidades olímpicas e paralímpicas (fútbol e baloncesto masculino e feminino e voleibol feminino).

Tema: