Igualdade estuda colaborar coa XVI Vilagarcía Basket Cup para sensibilizar sobre a violencia de xénero

A Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia estuda colaborar na edición número dezaseis da Vilagarcía Basket Cup co fin de sensibilizar aos máis de 2.000 nenos e nenas que nela participan, xunto cos seus pais e nais, sobre o problema da violencia de xénero na nosa sociedade.

  • Igualdade estuda colaborar coa XVI Vilagarcía Basket Cup para sensibilizar sobre a violencia de xénero
  • Igualdade estuda colaborar coa XVI Vilagarcía Basket Cup para sensibilizar sobre a violencia de xénero
  • Igualdade estuda colaborar coa XVI Vilagarcía Basket Cup para sensibilizar sobre a violencia de xénero
  • Igualdade estuda colaborar coa XVI Vilagarcía Basket Cup para sensibilizar sobre a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, reuniuse  hoxe co director da Fundación Vilagarcía Basket Cup, Alberto Blanco Villa, que lle presentou o proxecto do Vilagarcía Basket Camp para o ano 2011, que ten como obxectivo, ademais de promover o deporte, sensibilizar as nenas e nenos sobre a importancia da saúde e da convivencia en igualdade, así como promocionar a cultura, o turismo e a economía.

A organización espera que na próxima edición participen uns 2.500 nenos e nenas de entre 8 e 17 anos, e unhas 7.000 nais e pais, que durante unha semana convivirán e tendo o baloncesto como elemento integrador tamén se  realizan actividades paralelas que permiten combinar accións educativas con sociais e lúdicas.

Marta González manifestou o interese da secretaria xeral da Igualdade en participar neste evento mediante actividades de sensibilización contra a violencia de xénero e a educación en igualdade, xa que “a educación dos nosos menores é unha forma de lograr un futuro sen violencia contra as mulleres e en igualdade de condicións”.

De feito, co obxectivo de sensibilizar a poboación máis nova e aos seus pais e nais, o próximo 2 de outubro, nas instalacións de INEF Galicia, preto da praia de Bastiagueiro (Oleiros-A Coruña), a secretaría xeral da Igualdade organiza as 11ª Xornada de Pais e Nais Educando en Igualdade “Coeduca no Deporte”, que ten coma obxectivo transmitirlles ás nais e pais o importante labor que poden intentar realizar co fin de apoiar a libre elección e participación das súas fillas e fillos na práctica deportiva, evitando estereotipos de xénero que mediaticen a dita práctica.

A responsable da área de Igualdade convidou a asistir a este evento a responsables da Fundación Vilagarcía Basket Cup, para que poidan coñecer de cerca a forma de traballo e poder axustar así unha posible colaboración para o evento que se realizará en Semana Santa na capital de Arousa.
 

Colectivo: