Igualdade colaborará coas mulleres redeiras

A Secretaria xeral da Igualdade, Marta González Vázquez, reuniuse hoxe coas representantes da Federación de Redeiras Artesás O Peirao, para manifestarlles o interese do departamento que dirixe na posta en marcha do programa de asesoramento e información ás mulleres redeiras, que estará centralizado na sede desta federación.

  • Igualdade colaborará coas mulleres redeiras
  • Igualdade colaborará coas mulleres redeiras
  • Igualdade colaborará coas mulleres redeiras
  • Igualdade colaborará coas mulleres redeiras

Durante o encontro, as representantes de O Peirao manifestáronlle a secretaria xeral as súas principais inquedanzas e problemas da súa profesión, e presentaron o proxecto do programa de asesoramento e información para mulleres redeiras que queren levar a cabo e que foi valorado positivamente pola secretaria xeral.

Esta federación de redeiras, que se constituíu no ano 2004, ten coma obxectivo dignificar a súa profesión e visualizar ás redeiras profesionais, acabando coa situación de “case invisibilidade” na que se atopaban ata hai pouco.

Entre as súas reclamacións está loitar contra o intrusismo profesional, mellorar as súas condicións laborais, garantir o relevo xenacional e buscar novas saídas profesionais para o seu oficio.