Igualdade avoga por avanzar na plena integración da muller no mercado laboral e profesional

  • Susana López Abella, na inauguración da xornada “Avanzando en Igualdade” Autor: Xoán Crespo
  • Susana López Abella, na inauguración da xornada “Avanzando en Igualdade” Autor: Xoán Crespo
  • Susana López Abella, na inauguración da xornada “Avanzando en Igualdade” Autor: Xoán Crespo
  • Susana López Abella, na inauguración da xornada “Avanzando en Igualdade” Autor: Xoán Crespo

Santiago, 30 de outubro 2013. O Goberno galego aposta pola necesidade de acadar unha integración plena das mulleres no mercado laboral e profesional e para aproveitar todo o seu potencial dentro da sociedade. Así o defendeu hoxe a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, na inauguración da xornada “Avanzando en Igualdade”, que organiza o Consello Galego de Relacións Laborais.

Na súa intervención, López Abella avogou por avanzar “na construción dunha sociedade máis próspera, plural e cohesiva, na que a igualdade entre mulleres e homes sexa cada vez máis unha realidade efectiva en todos os espazos da vida pública e privada de Galicia”.

A secretaria xeral da Igualdade referiuse ao VI Plan galego de Igualdade entre mulleres e homes como un documento imprescindible para acadar unha sociedade máis inclusiva. Deste xeito, lembrou algunhas liñas básicas do Plan como é o aproveitamento do talento feminino, a consolidación da igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral, o regulamento dos plans de igualdade empresarial, a elaboración dunha guía de boas prácticas no eido da negociación colectiva e políticas específicas no ámbito da prevención de riscos e de saúde laboral, entre outros.

Así mesmo, López Abella fixo un chamamento aos empresarios para que “poñan en valor” o talento das mulleres “en termos de competitividade empresarial”. Subliñou que para mudar a forma de liderar, as claves do cambio son a formación, o traballo, a toma de decisións equilibradas e a discriminación positiva. 

Colectivo: