Hoxe celébrase en Santiago unha xornada de estratexias para dinamizar o emprendemento feminino

A sesión ten como obxectivo identificar ferramentas para fomentar iniciativas de mulleres emprendedoras no ámbito local

Está dirixida a profesionais dos CIM, das áreas de igualdade e promoción de emprego das administracións locais, das organizacións empresariais e sindicais e das cámaras de comercio

  • Hoxe celébrase en Santiago unha xornada de estratexias para dinamizar o emprendemento feminino

Santiago, 18 de decembro de 2012.- Preto de medio cento de profesionais procedentes das administracións locais e dos axentes económicos participan hoxe en Santiago na xornada ‘Estratexias para a dinamización local e o fomento do emprendemento feminino”, que se celebra nas instalacións da EGAP enmarcada no proxecto CEDIM, no que participa a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade.

Profesionais das organizacións empresariais e sindicais, das cámaras de comercio, das administracións locais e dos centros de información á muller asisten ao foro, estruturado en sesións teóricas e obradoiros,  co obxectivo de favorecer  o emprendemento feminino no ámbito local mediante estratexias cooperativas entre as administracións e os axentes implicados.

No trascurso da xornada están programados dous obradoiros, un deles sobre dinámicas colaborativas en torno á promoción da igualdade e outro adicado ás destrezas para operar como axente de dinamización e promoción do autoemprego feminino.

CEDIM é un proxecto europeo cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 que pretende promover redes de colaboración transfronteiriza de ámbito municipal entre Galicia e o norte de Portugal e dotar á zona da raia de mellores recursos en materia de igualdade, para aproveitar sinerxías que poidan mellorar a situación da poboación feminina, especialmente no eido da formación e do emprego.

Contido: