O titular da Xunta presidiu o acto de entrega do Premio María Josefa Wonenburger 2013 á catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, María José Alonso

Feijóo subliña o programa de retención e captación de científicos de alto nivel, que se poñerá en marcha o próximo ano, como nova mostra do compromiso da Xunta coa innovación

O obxectivo é ”proporcionar oportunidades, frear a migración da xente altamente cualificada do noso país e evitar páxinas en branco na historia da I+D+i galega”, sinala

Resalta a aposta do Executivo autonómico por manter a innovación “no centro da diana” nos vindeiros anos e por seguir apoiando a tecnoloxía, a investigación e a ciencia, especialmente no eido da saúde

Lembra o impulso dado aos institutos de investigación sanitaria, que se veu completada este verán coa sinatura dun convenio marco entre o Sergas e as universidades galegas para a colaboración entre os tres institutos existentes na comunidade

Salienta a promoción da actividade destes organismos, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, a través de contratos programa; e a busca dun marco normativo que dea cobertura ás necesidades de investigación

Destaca o Programa de desenvolvemento precomercial dos resultados da investigación, co fin de identificar os proxectos con maior capacidade desde o punto de vista da súa aplicabilidade e do seu potencial comercial, axudándoos a dar o salto cara ao mercado, en colaboración con empresas innovadoras

Subliña a dilatada traxectoria de María José Alonso, “muller pioneira” no ámbito da nanotecnoloxía aplicada á biomedicina en España e “exemplo para toda Galicia”

  • O titular da Xunta presidiu o acto de entrega do Premio María Josefa Wonenburger 2013 á catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, María José Alonso  Autor: Conchi Paz
  • O titular da Xunta presidiu o acto de entrega do Premio María Josefa Wonenburger 2013 á catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, María José Alonso  Autor: Conchi Paz
  • O titular da Xunta presidiu o acto de entrega do Premio María Josefa Wonenburger 2013 á catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, María José Alonso  Autor: Conchi Paz
  • O titular da Xunta presidiu o acto de entrega do Premio María Josefa Wonenburger 2013 á catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, María José Alonso  Autor: Conchi Paz
  • O titular da Xunta presidiu o acto de entrega do Premio María Josefa Wonenburger 2013 á catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, María José Alonso  Autor: Conchi Paz
  • O titular da Xunta presidiu o acto de entrega do Premio María Josefa Wonenburger 2013 á catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, María José Alonso  Autor: Conchi Paz

Santiago, 22 de outubro de 2013. O mandatario galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o programa de retención e captación de científicos de alto nivel, que se porá en marcha o vindeiro ano, como a nova mostra do compromiso da Xunta coa innovación. Segundo salientou, esta medida avanzada no Debate sobre o Estado da Autonomía, tratará de ofrecer un contrato estable a aqueles investigadores que fosen recoñecidos a nivel europeo ou captado financiamento internacional, garantíndolles a mesma igualdade de condicións en Galicia que a que reciben fóra. O obxectivo, engadiu, é ”proporcionar oportunidades, frear a migración da xente altamente cualificada do noso país e evitar páxinas en branco na historia da I+D+i galega”.

Durante o acto de entrega do Premio María Josefa Wonenburger 2013 á catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, María José Alonso, o presidente da Xunta incidiu no compromiso do Executivo galego por manter a innovación “no centro da diana” nos vindeiros anos e por seguir apoiando a tecnoloxía, a investigación e a ciencia, especialmente no eido da saúde.

Impulso aos institutos de investigación sanitaria
Nesta liña, lembrou que, desde o inicio do seu mandato se apostou por impulsar os institutos de investigación sanitaria como motores estratéxicos para o futuro da investigación e a innovación no sistema sanitario galego. A premisa era a de potenciar a colaboración biomédica e a innovación no ámbito da saúde, aproveitando para isto as oportunidades de alto nivel técnico das estruturas asistenciais públicas.

Unha aposta que foi reforzada este verán, coa sinatura do convenio marco entre o Sergas e as universidades galegas para a colaboración entre os tres institutos de investigación sanitaria existentes na nosa comunidade. Un impulso que xa está a dar resultados: a última memoria de actividade do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) reflicte o seu crecemento, tanto en número de investigadores (xa son máis de 650), como no número de grupos (63); ou a captación de recursos (7,7 millóns de euros captados en proxectos competitivos en 2012 fronte aos 5 millóns de 2010).

“Sabemos que, na liña estratéxica de promoción da investigación, a innovación e a transferencia de resultados, os institutos de investigación sanitaria, como o IDIS, son un elemento clave”, aseverou. Por iso, abondou, se promove a súa actividade, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, a través de contratos programa baseados en indicadores obxectivos; e se trata de favorecer un marco normativo que dea cobertura ás necesidades da investigación. Neste momento está en fase de tramitación o Decreto polo que se regula a protección, valorización e transferencia dos resultados de investigación, desenvolvemento e innovación neste ámbito, que define o protocolo a seguir no caso de que haxa resultados patentables, e introduce o reparto dos posibles beneficios da explotación entre os inventores, a Consellería de Sanidade ou o Sergas, e o centro.

Programa de desenvolvemento precomercial
De igual xeito, Feijóo referiuse ao deseño do Programa de desenvolvemento precomercial dos resultados da investigación, para identificar os proxectos con maior capacidade desde o punto de vista da súa aplicabilidade e do seu potencial comercial, axudándoos a dar o salto cara ao mercado, en colaboración con empresas innovadoras. Recibíronse un total de 32 propostas –entre elas, iniciativas sobre novas terapias, novos sistemas de diagnose, sofware ou dispositivos médicos- e agora está en fase de adxudicación o concurso para a contratación dunha empresa externa que será a encargada de analizar estes proxectos.

“Temos obxectivos de futuro. Son propósitos ambiciosos e para logralos precisamos da implicación da sociedade”, sinalou o presidente galego incidindo en que nestes proxectos as mulleres tamén están chamadas a exercer “un papel capital”.

Premio María Josefa Wonenburger 2013
Feijóo puxo o Premio María Josefa Wonenburger 2013, entregado esta tarde á catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, María José Alonso, como un exemplo do compromiso do Goberno galego a prol da igualdade e do fomento da a ciencia e a tecnoloxía entre as mulleres. A este respecto lembrou que, aínda que é moito o camiño andado en materia de igualdade, queda aínda por percorrer unha longa senda, fundamentalmente en sectores vinculados á tecnoloxía e á investigación.

Da galardoada hoxe, María José Alonso, o mandatario galego afirmou que é unha muller “pioneira” no ámbito de nanotecnoloxía aplicada á biomedicina en España. Con máis de 40 proxectos de investigación dirixidos ou coordinados en colaboración coa OTAN, a Organización Mundial da Sáude, a Comisión Europea e a Fundación Bill Gates, e incluída no rango das dez maiores expertas mundiais en Farmacoloxía e Toxicoloxía, Feijóo cualificouna como “exemplo para toda Galicia”. Unha dilatada traxectoria á que hai que sumar que María José Alonso foi unha das grandes impulsoras do proxecto Campus Vida e que conta con numerosas distincións, entre elas, o Premio Jaime I na categoría de Novas Tecnoloxías.