O titular da Xunta tivo a ocasión de conversar sobre a traxectoria da autora brasileira, con raíces familiares en Cotobade

Feijóo recibe a escritora e xornalista, Nélida Piñón, académica de honra da Real Academia Galega

Esta autora de relevancia internacional e premio Príncipe de Asturias 2005, foi ademais a primeira muller no mundo que presidiu unha academia da lingua, a Academia Brasileira das Letras, en 1996

  • O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, recibiu esta mañá, xunto ao secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a escritrora e xornalista, Nélida Piñón  Autor: Xoán Crespo
  • O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, recibiu esta mañá, xunto ao secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a escritrora e xornalista, Nélida Piñón  Autor: Xoán Crespo

Santiago, 29 de setembro de 2014.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, recibiu esta mañá, xunto ao secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a escritrora e xornalista, Nélida Piñón, que ingresou o pasado 27 de setembro na Real Academia Galega como membro de honra.

Durante a recepción, o titular da Xunta tivo a ocasión de conversar sobre a traxectoria da escritoria brasileira, con raíces familiares en Cotobade. Non en van, esta autora de relevancia internacional e premio Príncipe de Asturias 2005, foi ademais a primeira muller no mundo que presidiu unha academia da lingua, a Academia Brasileira das Letras, en 1996.

Así mesmo, foi distinguida como doutora honoris causa por diversas universidades -entre elas a USC en 1998- e a súa traxectoria literaria foi recoñecida con importantes premios literarios, como Pen Club, en 1985; ou o Juan Rulfo, considerado como o Nobel hispanoamericano.

Nélida Piñón, dirixiu institucións como o Laboratorio de Creación Literaria de la Universidad Federal de Río de Xaneiro (1970) ou a División Cultural do Departamento de Cultura de Estado de Río de Xaneiro; e foi vicepresidenta do Sindicato de Escritores de Río de Xaneiro.

Ademais de contar cun galardón que leva o seu nome –Premio Literario de Relatos Breves Nélida Piñón- e cuxo obxectivo é promover a actividade literaria, especialmente no municipio pontevedrés de Cotobade, o seu vínculo con Galicia quedou tamén de manifesto o pasado ano, cando visitou a Cidade da Cultura.


Tema: