Feijóo pide ás mulleres que sofren violencia de xénero que "tomen a palabra" e manifesta que "temos que conseguir que as mulleres que viven con medo saiban que estamos con elas"

Afirma que estamos diante dun problema complexo, ao que hai que facer fronte desde moi diversos ámbitos: o da sensibilización da sociedade no seu conxunto, o da intervención coas mulleres, o castigo dos agresores e o da plena recuperación física, psicolóxica e social das vítimas. Lembra que Galicia ten vivido neste ano 2010 acontecementos "duros e difíciles" relacionados coa violencia contra as mulleres e destaca a decidida vontade da sociedade galega de acabar con esta situación. Nese compromiso de sensibilización, asegura que a creación artística, co seu poder transformador e de denuncia de todo aquilo que non nos gusta da sociedade que nos rodea remove as conciencias, contribúe ao cambio e sinala e denuncia as situacións de opresión, de inxustiza e de desigualdade.

  • Feijóo pide ás mulleres que sofren violencia de xénero que "tomen a palabra" e manifesta que "temos que conseguir que as mulleres que viven con medo saiban que estamos con elas"

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu, esta tarde, ás mulleres que sofren violencia de xénero que "tomen a palabra". "Tomar a palabra –aseverou- é o primeiro paso para actuar". O titular do Goberno galego manifestou que "temos que conseguir que as mulleres que viven con medo saiban que estamos con elas, e que poremos todo o noso esforzo na construción dunha sociedade comprometida coa igualdade".

O titular autonómico afirmou que estamos diante dun problema complexo, ao que hai que facer fronte desde moi diversos ámbitos: o da sensibilización da sociedade no seu conxunto, o da intervención coas mulleres, o castigo dos agresores e o da plena recuperación física, psicolóxica e social das vítimas.  "Somos conscientes de que chegar a unha solución non é sinxelo, pero tamén estamos convencidos de que as nosas leis, as nosas políticas, a nosa concienciación, inciden de xeito significativo nesa transformación cultural que se precisa para acabar coa desigualdade, e que se evidencia no rexeitamento frontal á violencia contra as mulleres que vivimos hoxe en día, así como na vontade unanimemente sentida de acabar con esta lacra anacrónica".

Feijóo que visitou a exposición As que comen silencios, as que toman a palabra, vivir sen violencia, destacou que este traballo desenvolvido por mulleres artistas de moi variadas procedencias xeográficas ten un obxectivo común: "facer tomar a palabra a aquelas mulleres que moitas veces viven no silencio, nun silencio forzado pola violencia".

Neste sentido, afirmou que "os obxectos artísticos reunidos nesta exposición non supeditan o seu valor artístico nin rebaixan a súa capacidade expresiva ou estética con esta carga simbólica, senón que é este poder de denuncia o que xustifica precisamente a súa mesma existencia, e a súa agrupación hoxe aquí, como representación material do noso compromiso cun futuro igualitario e sen violencia".

Logo de lembrar que Galicia ten vivido neste ano 2010 acontecementos "duros e difíciles" relacionados coa violencia contra as mulleres e destacar a decidida vontade da sociedade galega de acabar con esta situación, o presidente da Xunta salientou a importancia que teñen neste obxectivo as xeracións máis novas.

Nese compromiso de sensibilización, asegurou que a creación artística, co seu poder transformador e de denuncia de todo aquilo que non nos gusta da sociedade que nos rodea remove as conciencias, contribúe ao cambio e sinala e denuncia as situacións de opresión, de inxustiza e de desigualdade.