Feijóo felicita ao equipo feminino do Club Deportivo Pescados Rubén Burela FS, pola conquista da Liga, Copa da Raíña e Supercopa e salienta a súa contribución á igualdade no deporte

  •  Feijóo felicita ao equipo feminino do Club Deportivo Pescados Rubén Burela FS, pola conquista da Liga, Copa da Raíña e Supercopa e salienta a súa contribución á igualdade no deporte
  •  Feijóo felicita ao equipo feminino do Club Deportivo Pescados Rubén Burela FS, pola conquista da Liga, Copa da Raíña e Supercopa e salienta a súa contribución á igualdade no deporte

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2021.-

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, felicitou hoxe ao equipo feminino do Club Deportivo Pescados Rubén Burela FS, pola conquista da Liga, a Copa da Raíña e a Supercopa e salientou a súa contribución á igualdade no deporte.

Durante unha recepción ao club, Feijóo gabou o traballo das Guerreiras Laranxas por estar na elite deste deporte. Non en van, ademais de acadar o triplete, o equipo foi elixido o mellor club feminino de fútbol sala nos premios de referencia deste deporte; o seu adestrador, Julio Delgado, recibiu o galardón de segundo mellor adestrador do mundo; e a xogadora Patricia González Mota ‘Peque’ foi recoñecida tamén segunda mellor xogadora do mundo.

 
Tema: