- Galego
- Castellano
O conselleiro de Cultura sinalou que a literatura é unha ferramenta moi útil para denunciar a violencia que sofren as mulleres no ámbito da parella, e para reflexionar sobre iso están en Santiago moitas das opinións máis autorizadas das letras galegas e españolas. As escritoras Angeles Caso, Susana Fortes, Fina Casalderrey, Nativel Preciado, Javier Reverte e Xosé Carlos Carneiro, entre outros debateran sobre o papel da violencia de xénero na literatura. A secretaria xeral da Igualdade destacou que o enorme éxito da triloxía Millenium, e súa identificación coa denuncia da violencia contra as mulleres, nos fai esquecer que a literatura leva reflexando esa violencia dende fai séculos baixo nomes diferentes.
O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, a secretaria xeral da Igualdade, Marta González, e o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, inauguraron hoxe en Santiago de Compostela o I Congreso sobre Literatura e Violencia de Xénero: De Miss Marple a Lisbeth Salander, que organiza a área de igualdade da Xunta de Galicia, dentro das conmemoracións do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asegurou que o I Congreso Nacional sobre Literatura e Violencia de Xénero, “constitúe un foro de análise para a renovación das obrigas das distintas administracións e do conxunto da sociedade na procura dunha erradicación definitiva da violencia contra as mulleres en calquera parte do mundo”. “A través destas xornadas conseguiremos achegar á sociedade a grave problemática da violencia de xénero cunha perspectiva diferente”, engadiu.
Segundo Roberto Varela, “a literatura é unha ferramenta moi útil para denunciar a violencia que sofren as mulleres no ámbito da parella, e para elo, reunimos neste congreso a moitas das opinións máis autorizadas do que está a ocorrer agora mesmo nas letras galegas e españolas en relación con este grave problema da nosa sociedade”. Para o conselleiro, “é absolutamente necesario que todos participemos activamente na consecución dunha sociedade sen violencia contra as mulleres durante todos e cada un dos días do ano”.
Pola súa banda, a secretaria xeral da Igualdade explicou que a idea de dedicar unha das actuacións desenvolvidas pola Xunta de Galicia con motivo da conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, a reflexionar nun congreso sobre literatura y violencia de xénero xurdiu ao compás do éxito obtido nestes últimos tres anos pola novela negara escandinava e a incorporación nelas da violencia contra as mulleres como un tema recorrente.
O enorme éxito da triloxía Millenium, de Stieg Larsson, e súa identificación coa denuncia da violencia contra as mulleres, “nos fai esquecer que a literatura leva reflexando esa violencia dende fai séculos baixo nomes diferentes” e que a validez que ten como exemplo de discurso colectivo e a súa capacidade de transformación social, supón “unha ferramenta fundamental de denuncia de un gravísimo problema para el que es necesario aunar esforzos colectivos”, indicou a secretaria xeral.
Marta González lembrou que aínda que á violencia de xénero se lle puxo nome fai pouco tempo, esta é tan antiga, case como o ser humano, e a literatura é unha proba diso, xa que dende os primeiros textos escritos que dan lugar ao comezo da historia nos proporcionan exemplos do diferente trato dado as mulleres como seres conceptuados inferiores, e dende sempre “existen os mal chamados ‘crimes pasionais’ , nos que os homes asasinas a súas mulleres porque non se pliegan aos seus desexos”.
Por todo iso, a literatura “é unha boa ferramenta para abordar a violencia de xénero”, xa que non podemos esquecer que aínda que os libros teñan como obxectivo fundamental propoñer mundos e espazos de ficción, os escriben persoas que forman parte das sociedades con escalas de valores e opinións moitas veces comúns, reflexando por elo, o transfundo e o imaxinario cultural dun determinado momento histórico nun lugar concreto”, sinalou a responsable de igualdade do goberno galego.
A literatura e a violencia sobre as mulleres
O obxectivo deste congreso, que remata mañá, é falar de literatura e de violencia de xénero desde dúas perspectivas diferentes: presentar unha panorámica deses espellos que nos proporciona a literatura e nos que se mira unha sociedade na que as mulleres teñen desempeñado sempre unha posición subordinada, como fillas, esposas ou nais, pero nunca como elas mesmas; e recabar as opinións máis autorizadas do que está a ocorrer agora mesmo na literatura galega e española en relación con este grave problema da nosa sociedade.
Durante estes dous días en Santiago reuniranse as máis destacadas especialistas universitarios na materia, como Mª José Porro ou Angeles de la Concha, e algúns dos escritores e escritoras máis reputados de Galicia e de España, como Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Luisa Castro, Xosé Carlos Caneiro, Angeles Caso, Susana Fortes, Javier Reverte, Nativel Preciado ou Lola López Mondéjar.
Entre os temas que se van a abordar está a ”Casuística e imaxinario da violencia contra as mulleres na literatura”, “Literatura e mito na desarticulación da violencia de xénero”, “A violencia de xénero na literatura galega”, “A percepción da violencia contra as mulleres no discurso literario masculino” “Os malos tratos na literatura” ou “O papel das escritoras e escritores fronte á violencia de xénero”.
O cine tamén terá o seu espazo, e proxectaranse as catro curtametraxes premiadas polo Ministerio de Igualdade contra a violencia de xénero: “Vive ou morre”, de Lluc Puig-IES Ses de Cardedeu-Barcelona; ”Nunca é tarde para facerte valer”, de Bianca Ancares-CEB Cerredo-Asturias; “Senrazón”, de Marta Blanco-IES Carlos Casares-Viana do Bolo-Ourense; e “Sen pensalo dúas veces”, de Mª Luisa Segarra, Saray Ferrer e Mª Dolores Olivares-IES Carrús-Elche-Alicante.
Durante o congreso tamén se presentará unha pequena guía de lecturas contra a violencia de xénero, onde están incluídas varias das obras dos escritores e escritoras que participarán no congreso, e tamén moitos máis. A guía, que foi elaborada polo instituto de ensino secundario do Carballiño, pretende converterse en material para recomendar lecturas á xente máis nova co obxectivo de que reflexionen sobre unha práctica que temos que erradicar coa sensibilización de toda a sociedade.