Constituído o Consello Galego das Mulleres, un órgano de participación e asesoramento en materia de igualdade

O Vicepresidente Alfonso Rueda asistiu ao acto de posta en marcha deste órgano colexiado de carácter consultivo

Será a canle de participación efectiva de institucións e asociacións no deseño de políticas de prevención da violencia de xénero, da discriminación e de promoción da igualdade entre homes e mulleres

  • O Vicepresidente Alfonso Rueda asistiu ao acto de posta en marcha deste órgano colexiado de carácter consultivo
  • O Vicepresidente Alfonso Rueda asistiu ao acto de posta en marcha deste órgano colexiado de carácter consultivo
  • O Vicepresidente Alfonso Rueda asistiu ao acto de posta en marcha deste órgano colexiado de carácter consultivo

Santiago, 5 de marzo de 2014. O Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu ao acto de constitución do Consello Galego das Mulleres, un órgano colexiado de carácter consultivo que actuará como canle de participación efectiva das mulleres para o asesoramento en materia de políticas de igualdade e, sobre todo, no que atinxe á prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

O Consello Galego das Mulleres configúrase coma a vía de participación das mulleres –a través das asociacións e entidades representativas dos seus intereses- no deseño de políticas de fomento da igualdade e de loita contra a discriminación e a erradicación da violencia de xénero principalmente.

Exercerá, polo tanto, de interlocutor ante a Administración autonómica e ante calquera institución ou entidade de carácter público ou privado para o desenvolvemento de políticas públicas dirixidas a lograr a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

No que atinxe á violencia de xénero, o Consello colaborará coa Xunta no desenvolvemento e aplicación da Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Así mesmo estableceranse canles estables de intercolución entre a Administración e o tecido asociativo de mulleres co obxectivo de buscar o maior consenso posible no deseño de políticas contra a violencia machista.

Funcións e composición

Entre as súas funcións está a de elevar propostas e iniciativas aos poderes públicos, elaborar informes sobre a situación e perspectivas da igualdade e investigar a realidade das mulleres galegas, nomeadamente no ámbito da violencia de xénero, para colaborar de xeito efectivo na súa eliminación.

O Consello Galego das Mulleres estará presidido pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, ademais de dúas vicepresidencias e unha secretaría. A través das vogalías estarán representadas todas as consellerías da Xunta, as asociacións e federacións de mulleres (con 15 representantes que foron elixidas nun proceso aberto, público e democrático), as organizacións empresariais (con tres vogais), un vogal en representación de cada unha das organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas e un representante da Fegamp.

O Consello actuará en Pleno, aínda que poderá tamén constituír comisións de traballo específicas que estime necesarias.

Tema: 
Departamento: