A conselleira de Emprego e Igualdade continúa con UGT os seus contactos cos axentes sociais galegos

Multimedia

 A conselleira de Emprego e Igualdade continúa con UGT os seus contactos cos axentes sociais galegos

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2020.-

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro de traballo co secretario xeral de UGT Galicia, José Antonio Gómez. Esta xuntanza enmárcase na rolda de contactos que está a manter a conselleira cos axentes sociais de Galicia, co fin de invitalos ás vindeiras reunións do diálogo social que se iniciarán de xeito inmediato e de avaliar a situación actual en materia de emprego e igualdade.

Estas xuntanzas con sindicatos e patronal supoñen unha primeira toma de contacto por parte da nova conselleira cos representantes dos traballadores e co sector empresarial, para continuar colaborando no ámbito do emprego e da igualdade. Neste sentido cómpre lembrar que a semana pasada a conselleira reuniuse cos representantes da CIG, de CC.OO. de Galicia e da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).


 
Tema: