Bota a andar en Ribeira o curso sobre violencia de xénero que reunirá durante tres días a recoñecidos profesionais na materia

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do CXPX, Ángeles Carmona, participaron esta maña na inauguración do curso

O curso está considerado un referente no campo da violencia de xénero, tanto polas temáticas abordadas como polo alto nivel académico e profesional das persoas relatoras

  • Bota a andar en Ribeira o curso sobre violencia de xénero que reunirá durante tres días a recoñecidos profesionais na materia
  • Bota a andar en Ribeira o curso sobre violencia de xénero que reunirá durante tres días a recoñecidos profesionais na materia
  • Bota a andar en Ribeira o curso sobre violencia de xénero que reunirá durante tres días a recoñecidos profesionais na materia
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2018.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e a presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial, Ángeles Carmona participaron esta maña na inauguración do curso “Violencia de Xénero: Enfoque legal, social e psicolóxico”, que hoxe bota a andar en Ribeira.
 
O curso que hoxe da comezo ata o vindeiro venres está considerado un referente no campo da violencia de xénero, tanto polas temáticas abordadas como polo alto nivel académico e profesional das persoas relatoras, entre os que se atopan catedráticos e catedráticas de Universidade e membros das forzas de seguridade do Estado.
 
Os temas a tratar engloban dende os retos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, violencia de xénero versus violencia doméstica, o delito de violencia habitual no ámbito doméstico e en ámbitos asimilados, a protección dos menores en casos de violencia de xénero, o divorcio en casos de violencia de xénero, violencia de xénero: impacto psicolóxico sobre a muller maltratada, aproximación psicosocial á violencia doméstica, intervención con penados con liberdade por violencia de xénero, a violencia doméstica: repercusións nos menores e programas de axuda a fillos e fillas que viviron situacións de violencia familiar.
 
O curso será clausurado pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz; e os directores do curso, Ramón Arce, Gualberto Buela-Casal e José Díaz. Previamente a titular de Igualdade dará un relatorio sobre as competencias da Xunta no ámbito da loita contra a violencia de xénero e a cooperación interinstitucional.
Tema: