As axudas da Xunta para financiar os CIM e para que os concellos promovan medidas de conciliación e contra a violencia de xénero poden solicitarse ata o 8 de xuño

O delegado da Xunta e a secretaria xeral da Igualdade informaron hoxe na Coruña destes apoios a través dos que o Goberno galego inviste este ano 9,3 M€

  •  As axudas da Xunta para financiar os CIM e para que os concellos promovan medidas de conciliación e contra a violencia de xénero poden solicitarse ata o 8 de xuño

A Coruña, 31 de maio de 2023.-
 
O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, e secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, informaron hoxe na Coruña das axudas autonómicas que xa están abertas para financiar nos concellos galegos os Centros de Informacióá Muller (CIM) e apoiar programas e medidas contra a violencia de xénero e que promovan a igualdade e a conciliación.

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade inviste nesta actuación máis de 9,3 millóns de euros coa que, en concreto, apoiará  ás entidades locais galegas no desenvolvemento de programas orientados a tres finalidades: favorecer a igualdade entre mulleres e homes, fomentar a conciliación e a corresponsabilidade e para financiar o labor dos Centros de Informacióá Muller (CIM) como recursos de proximidade.

Poden ser beneficiarias desta resolución as entidades locais (concellos, consorcios ou mancomunidades) que poden cursar a súa solicitude, de xeito individual ou compartido, ata o próximo 8 de xuño. En canto á dotación, a Xunta de Galicia destinará 500.000 de euros para accións municipais de promoción da igualdade; preto de 4,5 millóns de euros ás de fomento da conciliación e a corresponsabilidade e máis de 4,3 millóns de euros para apoiar o labor dos CIM.