A Asociación de diagnosticadas de cancro de mama, ADICAM, reúnese coa titular de Igualdade da Xunta para presentarlle unhas xornadas de "Saúde entre mulleres"

Multimedia

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse coa presidenta de ADICAM

Vigo, 9 de maio de 2015.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse esta semana en Vigo coa presidente da Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama (ADICAM), Josefa Acuña, e varias membros máis da asociación.

Entre outros asuntos, presentáronlle á secretaria xeral o programa da ‘II Convivencia en feminino: Saúde entre mulleres’, que celebrará ADICAM os días 29, 30 e 31 de maio na residencia de tempo libre de Panxón, no Concello de Nigrán.

ADICAM naceu en Cangas no ano 2000 coa finalidade de fomentar o desenvolvemento do apoio social e a axuda mutua para conseguir que as mulleres afectadas polo cancro de mama teñan unha mellor calidade de vida e benestar. O seu traballo xira ao redor de tres áreas fundamentais: información e sensibilización, asistencial e de actividades e prevención. 

Tema: