Como coñecer, comprender e respectar os sentimentos e as emocións das crianzas e da mocidade? Como falar e comprender a súa sexualidade? Por que as crianzas e as e os adolescentes se comportan de determinado xeito? Que senten? Que saben? Cales son as súas actitudes e os seus valores? Cales son os seus medos? Como poden coñecer e asumir a súa sexualidade?

O desenvolvemento emocional das persoas vai unido indisolubelmente á integración da sexualidade e da afectividade nas crianzas para acadaren unha autonomía emocional que lles permita a vivencia do amor en igualdade e o exercicio dunha sexualidade plena e libre de prexuízos. Moitas veces as nais e os pais teñen dificultades para abordar este tema, practicamente ausente, por outra parte, do currículo escolar ou presente de forma anecdótica e case sempre nesgado por cuestións de xénero, que atribúen unha determinada forma de sentir e expresar as emocións –e de vivenciar o corpo– diferente ás nenas e aos nenos. Por outra parte, os medios de comunicación e as fontes a que recorremos non son sempre fiábeis no tratamento do tema da sexualidade, e parten dunha perspectiva centrada na xenitalidade, androcéntrica e heterosexista, o que non só dificulta o desenvolvemento emocional das persoas, senón que mesmo pode poñer en risco a súa saúde física.

Esta actividade, organizada polo Servizo Galego de Igualdade a través do Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, non pretende dar resposta a todas as preguntas, mais si reflexionar sobre a necesidade de facérmonos preguntas e de transmitir ás crianzas e á mocidade unha educación afectivo- emocional e sexual que lles permita nomear os seus sentimentos, tomar consciencia dos desexos e asumir a responsabilidade nas relacións desde a liberdade, o respecto e a igualdade.

 

PROGRAMA DA XORNADA

MAÑÁ

09:30 h

Entrega de acreditacións.

09:45 h

Inauguración oficial.

10:00 h

Conferencia inaugural: "Todo un mundo de emocións na educación afectivo-sexual".
Cristina Lerma Rei.

11:00 h Pausa-café.
11:30 h

Obradoiros alternativos.

  • "Educar a nenas e mozas para que amen os seus corpos".
    Patricia Verdés Giménez.
  • "Estratexias para abordar a diversidade afecivo-sexual".
    Belén Molinuevo.
  • "Habilitar respostas impunitivas ante a frustración permítenos construír relacións sen violencia".
    Lola Ferreiro, Chus Díaz Anca.
  TARDE
16:00 h

Obradoiros alternativos.

  • "Educar a nenas e mozas para que amen os seus corpos".
    Patricia Verdés Giménez.
  • "Estratexias para abordar a diversidade afecivo-sexual".
    Belén Molinuevo.
  • "Habilitar respostas impunitivas ante a frustración permítenos construír relacións sen violencia".
    Lola Ferreiro, Chus Díaz Anca.
19:00 h

Clausura.

 

 

LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN

Esta actividade formativa realizarase en Santiago de Compostela na Facultade de Filosofía ( Praza de Mazarelos, s/n), o día 21 de xuño de 2008.

 

INSCRICIÓN

Para mellorar a organización, deberá enviar a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN indicando preferencia de obradoiros, mediante fax, correo electrónico ou correo postal antes do 13 de xuño de 2008, a:

Seminario Permanente de Educación para a Igualdade
Servizo Galego de Igualdade
Plaza de Europa, 15A - 1º  (Polig. Fontiñas)
15781    Santiago de Compostela
Telf.:  981 541618
FAX:  981 545365
Correo electrónico: seminario.educacion.igualdadexunta.es

Co obxecto de facilitar a asistencia de nais e pais a esta actividade, porase a súa disposición un servizo de atención a menores de 1 a 12 anos. Para acceder a este servizo gratuíto, deberán cubrir a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DE MENORES e remitila, xunto coa confirmación da súa asistencia, antes do 13 de xuño de 2008.

A asistencia á xornada non inclúe xantar.

 

ENTIDADES ORGANIZADORAS

A Novena xornada galega de nais e pais educando en igualdade está organizada pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e o Servizo Galego de Igualdade a través do Seminario Permanente de Educación para a Igualdade.

 

 

 

COFINANCIAN

     

Derradeira Actualización :  02-06-2008