O exercicio pleno da cidadanía supón o acceso equilibrado das mulleres e dos homes ás esferas públicas da vida, ao traballo asalariado, á política... pero unha vez que aceptamos que “o privado é público” tamén temos que considerar exercicio de cidadanía o acceso equilibrado aos deberes e dereitos privados, nos ámbitos do fogar, dos afectos e dos coidados.

Por tanto é tamén educación para a cidadanía formar e preparar fillas e fillos na autonomía persoal no ámbito doméstico e na corresponsabilidade no traballo do coidado das outras persoas.

Se queremos construír unha xeración máis igualitaria, máis preparada para sobrevivir nun tempo que queremos que sexa novo, con novas identidades e sen estereotipos sexistas, debemos facer que as nosas fillas e fillos entendan e asuman que o traballo da casa é cousa da xente que vive nela, que non é xusto que unha soa persoa faga o traballo para todas as demais e aínda é menos xusto que esta persoa sexa designada polo seu sexo independentemente do seu desexo, do tempo do que dispón ou da habilidade que teña.

Con iso tamén estaremos facendo un traballo preventivo para evitar a violencia exercida contra as mulleres.

 

 

P R O G R A M A

10:00 h

Inauguración.

10:30 h

Conferencia inaugural: "A responsabilidade dos homes no traballo doméstico: ¿tradición ou xustiza? ". (Documento PDF -Tamaño: 527 Kb.)
Miguel A. Arconada Melero. Profesor e experto en novas masculinidades.

12:00 h Pausa-café.
12:30 h

Conferencia: "Educar compartindo as tarefas familiares". (Documento PDF -Tamaño: 332 Kb.)
Isabel Bartau Rojas. Profesora da Universidade do País Vasco.

14:00 h Xantar.
16:00 h

Obradoiros alternativos.

  • "A Orella verde: Unha experiencia de educación compartida".
    Escolas de Familia do Concello de Allariz.
  • "Educar para a igualdade: unha experiencia dende Gijón".
    Covadonga Alonso Pidal. Técnica de programas educativos e de xénero de Gijón.
  • "Estratexias de negociación para un novo contrato familiar".
    Raquel Malvárez García. Terapeuta familiar.
18:00 h

Clausura.

 

 

LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN

Escola Galega de Administración Pública, Rúa Madrid, 2-4 (Polígono das Fontiñas).
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2007.

 

INSCRICIÓN

Para mellorar a organización, cuberta a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN na que sinalará en orde de preferencia o obradoiro que elixa e a confirmación ao xantar, deberá enviala mediante FAX, correo postal ou correo electrónico, antes do 22 de setembro de 2007 a:

Secretaría da VIII xornada galega de nais e pais educando en igualdade.

Seminario Permanente de Educación para a Igualdade
Servizo Galego de Igualdade
Plaza de Europa, 15A - 1º  (Polig. Fontiñas)
15781    Santiago de Compostela
Telf.:  981 957486
FAX:  981 545365 / 957488
Correo electrónico: seminario.educacion.igualdadexunta.es

Inscrición gratuíta, inclúe xantar.

 

SERVIZO DE ATENCIÓN A MENORES DURANTE O DESENVOLVEMENTO DA XORNADA

Co obxecto de facilitar a asistencia de nais e pais a esta actividade, porase a súa disposición un servizo de atención a menores de 1 a 12 anos. Para acceder a este servizo gratuíto, deberán cubrir a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DE MENORES e remitila, xunto coa confirmación da súa asistencia, antes do 22 de setembro de 2007.

 

ENTIDADES ORGANIZADORAS

A Oitava xornada galega de nais e pais educando en igualdade está organizada pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e o Servizo Galego de Igualdade a través do Seminario Permanente de Educación para a Igualdade.

 

COFINANCIAN

     

Derradeira Actualización :  29-08-2007