VII Xornada de pais e nais educando en igualdade
28 de outubro de 2006


 

P   R   O   G   R   A   M   A

09:00 h
a
09:45 h
Café de recepción. Acreditacións.
09:45 h
a
10:00 h

Inauguración.
Carme Adán Villamarín. Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

10:00 h
a
12:00 h

Conferencia - A escola: "A identidade de xénero no marco escolar".
Dra. Louise Archer. King's College London.

12:00 h
a
14:30 h

Panel 1. Os grupos de iguais.

  • O amor na construción da identidade.
    Ana Távora. Psiquiatra. Estudos da muller. Granada.
  • Os grupos de iguais.
    Lourdes Mirón Redondo. Dpto. Psicoloxía social da Universidade de Santiago de Compostela.
14:30 h
a
16:00 h
Xantar.
16:00 h
a
18:30 h

Panel 2. A Familia.

18:30 h

Clausura.
Ana Luísa Bouza Santiago. Directora Xeral do Servizo Galego de Igualdade.
Mª José Pérez Mariño. Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

 

 

LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN

Escola Galega de Administración Pública, Rúa Madrid, 2-4 (Polígono das Fontiñas).
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2006.

 

INSCRICIÓN

Para mellora-la organización e adecuala ós seus intereses, deberá enviar a solicitude de inscriciÓn mediante fax, correo electrónico ou correo postal antes do 15 de outubro de 2006, á:

Secretaría da Sétima xornada galega de nais e pais educando en igualdade.

Servizo Galego de Igualdade
Plaza de Europa, 15A - 1º  (Polig. Fontiñas)
15781    Santiago de Compostela
Telf.:  981 541618
FAX:  981 545365 / 957488
Correo electrónico: seminario.educacion.igualdadexunta.es

Inscrición gratuíta, inclúe xantar. Prazas limitadas a 250 inscricións.

 

SERVIZO DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA A MENORES DURANTE O DESENVOLVEMENTO DA XORNADA

Co obxecto de facilitar a asistencia de nais e pais ás actividades formativas previstas, porase a súa disposición un servizo de atención especializada a menores, de idades comprendidas entre os 12 meses e os 12 anos, co obxecto de que nenas e nenos poidan disfrutar de actividades lúdico-formativas durante o seu transcurso. Para acceder a este servizo gratuíto, deberán cubrir a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DE MENORES e remitila, xunto coa confirmación da súa asistencia, antes do 15 de outubro de 2006.

 

ENTIDADES ORGANIZADORAS

A Sétima xornada galega de nais e pais educando en igualdade está organizada pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e o Servizo Galego de Igualdade a través do Seminario Permanente de Educación para a Igualdade.

 

 



 

 

     

Derradeira Actualización :  20-09-2006