Os xogos e os xoguetes contribúen enormemente ao desenvolvemento da infancia ea mocidade, proporcionando uns escenarios de aprendizaxe que inflúen notablemente nas habilidades que se están adquirindo.

Non obstante, non hai que esquecer que existe unha gran diversidade de xogos e xoguetes, e que cada un potencia unhas certas habilidades. Os feito de que as nais e pais merquen distintos xoguetes segundo o xénero de quen os vai recibir ou animen a distintos xogos as súas fillas e fillos, que a publicidade presente uns xoguetes para nenas e outros para nenos ou que certos videoxogos amosen personaxes cunhas características físicas e de comportamento discriminatorias ou violentas, son feitos que deben provocarnos ás nais e aos pais reflexións sobre consumo, a violencia e o sexismo, para posteriormente actuar co fin de superalas.

Ao longo da xornada intentarase provocar estas reflexións e farase fincapé no valor educativo do xogo e do xoguete, e daranse pautas para a súa boa correcta utilización.

 

 

P   R   O   G   R   A   M   A

 

 

Sábado, 22 de outubro de 2005

10:00 h
a
10:30 h

Inauguración.

10:30 h
a
12:00 h

Conferencia inaugural : "O xogo no desenvolvemento infantil e xuvenil".
Maite Vallet Regí. Pedagoga e orientadora de nais e pais.

12:00 h
a
12:30 h

Pausa - café.

12:30 h
a
14:30 h

Obradoiros simultáneos.

  • Aprender a xogar, aprender a vivir.
    Inma Marín Santiago. Asesora pedagóxica e directora de "Marinva, xogo e educación".

  • O sexismo nos videoxogos.
    Enrique Díez Gutierrez. Profesor de didáctica e organización escolar. Universidade de León.
    Eloína Terrón Bañuelos. Traballadora social dos equipos de orientación educativa e psicopedagógica. León.

  • A publicidade indirecta dos debuxos animados e o consumo infantil de xoguetes.
    Mª Esther del Moral Pérez. Catedrática de novas tecnoloxías aplicadas á educación. Universidade de Oviedo.

14:30 h
a
16:00 h
Buffet.
16:00 h
a
18:00 h

Obradoiros simultáneos.

  • Aprender a xogar, aprender a vivir.
    Inma Marín Santiago. Asesora pedagóxica e directora de "Marinva, xogo e educación".

  • O sexismo nos videoxogos.
    Enrique Díez Gutierrez. Profesor de didáctica e organización escolar. Universidade de León.
    Eloína Terrón Bañuelos. Traballadora social dos equipos de orientación educativa e psicopedagógica. León.

  • A publicidade indirecta dos debuxos animados e o consumo infantil de xoguetes.
    Mª Esther del Moral Pérez. Catedrática de novas tecnoloxías aplicadas á educación. Universidade de Oviedo.

18:00 h
a
18:30 h
Actividade lúdica.
Clownclusiones a cargo de
Oihulari klown.

 

 

LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN

Escola Galega de Administración Pública, Rúa Madrid, 2-4 (Polígono das Fontiñas).
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2005.

 

 

INSCRICIÓN

Para mellora-la organización e adecuala ós seus intereses, deberá enviar a solicitude de inscrición na que sinalará, a modo orientativo, dous obradoiros, xunto coa confirmación de asistencia ó buffet, mediante fax, correo electrónico ou correo postal antes do 14 de outubro de 2005, á:

 

Secretaría da Sexta xornada  galega de nais e pais educando en igualdade.

Servizo Galego de Igualdade
Plaza de Europa, 15A - 1º  (Polig. Fontiñas)
15781    Santiago de Compostela
Telf.:  981 957613 / 541618
FAX:  981 545365 / 957488
Correo electrónico: seminario.educacion.igualdadexunta.es

 

 

SERVIZO DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA A MENORES DURANTE O DESENVOLVEMENTO DA XORNADA

Co obxecto de facilitar a asistencia de nais e pais ás actividades formativas previstas, porase a súa disposición un servizo de atención especializada a menores , de idades comprendidas entre os 12 meses e os 12 anos, co obxecto de que nenas e nenos poidan disfrutar de actividades lúdico-formativas durante o seu transcurso. Para acceder a este servizo gratuíto, deberán cubrir a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DE MENORES e remitila, xunto coa confirmación da súa asistencia, antes do 14 de outubro de 2005.

 

 

ENTIDADES ORGANIZADORAS

A Sexta xornada  galega de nais e pais educando en igualdade está organizada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e o Servizo Galego de Igualdade a través do Seminario Permanente de Educación para a Igualdade.

 

 


 


 

 

     

Derradeira Actualización :  02-08-2005