IV xornada galega de nais e pais educando en igualdade

 

O Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, continuando o seu labor na prevención da violencia de xénero, organiza a cuarta edición desta actividade de formación, dirixida especialmente ós responsables familiares do alumnado.

 

Resaltar a importancia da convivencia familiar na construcción da identidade persoal, que homes e mulleres nos formamos desde a idade máis temperá nunha sociedade de xénero, segue a ser un obxectivo ó que dar prioridade na IV xornada galega de nais e pais educando en igualdade; incidindo nesta edición na necesidade de sustenta-la súa construcción na prevención de relacións de violencia e/ou degradación persoal como: maltrato, abusos sexuais, prostitución, pornografía, acoso sexual...

 

Ó longo desta xornada, nais e pais compartiremos momentos para o intercambio e a reflexión conxunta que, no particular, exercen concepcións estereotipadas propias da sociedade androcéntrica, o que sen dúbida significará novas oportunidades para afondarmos en cómo implicarnos persoalmente na súa supación.

 

  
 

PROGRAMA

10:00 h Recepción de asistentes.
10:30 h Inauguración oficial.

PILAR ROJO NOGUERA.
Conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado.

CELSO CURRÁS FERNÁNDEZ.
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

11:00 h Conferencia inicial: "As relacións parentais na prevención da violencia de xénero: espacio privado ¿espacio de amor?"

ROSARIO ALTABLE VICARIO. Pedagoga.

12:00 h Descanso café.
12:30 h Obradoiros simultáneos.
  • "Consolidando o valor da igualdade na adolescencia". 
    Mª JOSÉ DIAZ AGUADO. Profesora Universidade Complutense Madrid.
  • "A educación afectiva para unha sexualidade responsable". 
    VICENTE BARRAGÁN GÓMEZ-CORONADO. Médico de Planificación Familiar.
  • "Aprendendo vínculos de paz na parella". 
    ERIC PESCADOR ALBIACK. Sociólogo-sexólogo. Especialista en xénero, masculinidade e violencia.
14:30 h Bufé de clausura.

 

ENTIDADES ORGANIZADORAS

A IV xornada galega de nais e pais educando en igualdade está organizada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado e o Servicio Galego de Igualdade a través da súa unidade Seminario Permanente de Educación para a Igualdade.

 

LUGAR E DATA

Esta actividade de formación para nais e, tamén para pais, realizarase o día 26 de abril de 2003, na Escola Galega de Administración Pública, sita en rúa Madrid, 2-4 do Polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela.

 

INSCRICIÓN

As persoas interesadas deberán envia-la súa solicitude de participación antes do 22 de abril de 2003 por correo electrónico, postal ou por fax á secretaría desta xornada. 

Modelo de solicitude de participación.

Secretaría da IV xornada galega de nais e pais educando en igualdade

SERVICIO GALEGO DE IGUALDADE

Praza de Europa, 15A - 2º  (Área Central)

15781     Santiago de Compostela

Tlf.: 981 541618  /  981 545351

Fax: 981 545365

Correo electrónico: sgpihmxunta.es


 

 

     

Derradeira Actualización :   02-04-2003