II XORNADA GALEGA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE





No proceso de socialización e de adquisición da propia identidade , a tradicional cultura de xénero na que as persoas adultas nos formamos ,orixina que como nais e pais - non sempre reflexivamente - actuemos fornecendo actitudes  e roles estereotipados que contribuen a reproducir e perpetuar  no noso propio entorno familiar modelos de relación entre homes  e mulleres discriminatorios e desiguais .Este feito dificulta en gran medida a procura do desenvolvemento das potencialidades individuais  e merma as posibilidades de acceder e disfrutar dunha real  igualdade  de oportunidades educativas ó longo do proceso de desenvolvemento persoal das nosas fillas e dos nosos fillos.

O entorno familiar e as relacións persoais que nel se producen constituen unha base fundamental para o desenvolvemento da persoa e para a súa integración social .Neste senso a formación en valores que posibiliten contribuir a creación dunha convivencia xusta, solidaria e igualitaria entre as persoas de diferente sexo constitue unha tarefa  a priorizar na educación familiar.

Nesta II Xornada galega de Nais e Pais educando en igualdade pretendemos continua-la reflexión e a sensibilización dos responsables familiares iniciada  sobre aspectos básicos na promoción do valor da igualdade presentando esta formación como tarefa consubstancial á dinámica educativa intrafamiliar.

Propoñémos  a través da análise de experiencias reais, continuar fomentando iniciativas de comunicación e colaboración entre a unidade familiar e a institución escolar como medio de fornecer a continuidade formativa da ética igualitaria  ó longo de todo o proceso madurativo persoal.Contribuindo en definitiva a  formación de homes e mulleres capaces de afrontar solidariamente a responsabilidade dunha convivencia armónica e solidaria sustentada nunha real igualdade de oportunidades para tódolos membros do núcleo familiar.
 
 
PROGRAMA DE ACTIVIDADES

 
10:30 h Recepción e entrega de documentación ás persoas asistentes.
11:00 h Inauguración da II XORNADA DE PAIS E NAIS EDUCANDO EN IGUALDADE.

Dona MANUELA LÓPEZ BESTEIRO.
Excma. Sra. Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Don CELSO CURRÁS FERNÁNDEZ.
Excmo. Sr. Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

11:15 h Conferencia: "A construcción da identidade persoal nunha cultura de xénero"

Ponente:
Dona PURIFICACIÓN MAYOBRE RODRIGUEZ.
Profesora Titular de Filosofía. Membro asesor da Cátedra de Estudios Feministas da Universidade de Vigo.

12:30 h Pausa-café.
13:00 h Mesa redonda: "Nais e Pais promovendo o valor da igualdade".

Ponentes:

Dona BEATRIZ SOUTELO FERRO.
Subdirectora Xeral da Dirección Xeral de Familia.

Dona FERNANDA PÁRAMO FERNÁNDEZ.
Profesora titular de Psicoloxía  Evolutiva da Universidade de Santiago de Compostela.

Dona BELEN NOGUEIRAS GARCÍA.
Psicóloga experta en violencia de xénero.

Modera:

Dona Mª ANGELES GARCÍA ALVAREZ.
Coordinadora do Seminario de Educación para a Igualdade.
 

14:30 h Xantar - bufete.
16:00 h Cineforum: "Transmisión de estereotipos nas relacións de convivencia familiar".

Dinamiza:
Dona GLORIA SERRATO AZAT .
Experta en Medios Audiovisuais e colaboradora no Proxecto RELACIONA  en GALICIA.
 

18:30 h Descanso.
19:00 h Presentación de experiencias: Escolas de Nais e Pais.
Grupos de Titoría.
20:00 h Clausura.

Dona AURORA MONTES SANTA-OLALLA. 
Ilma. Sra. Directora Xeral do Servicio Galego de Igualdade.

Don JOSE LUIS MIRA LEMA. 
Ilmo. Sr. Director Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN

Esta xornada  realizarase en SANTIAGO DE COMPOSTELA o día 13 de maio de 2000 na Escola Galega de Administración Pública (Rúa de Madrid, 2-4. Polígono de Fontiñas).
 

ENTIDADES ORGANIZADORAS

A Consellería de Educación  e Ordenación Universitaria, a  Consellería de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude, o Servicio Galego de Igualdade a través do Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, e o Instituto da Muller do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.
 

INSCRICIÓN

As persoas interesadas deberán envia-la súa solicitude de participación antes do 11 de maio de 2000 por correo electrónico, ordinario ou fax á Secretaría da II Xornada no:

SERVICIO GALEGO DE IGUALDADE.
Praza de Europa, 15A - 2º. Area Central. Polígono de Fontiñas.
15707    SANTIAGO DE COMPOSTELA.
Telf.:  981 541618  -  981 545366.
Fax:  981 545365.
E-mail : sgpihmxunta.es

cos seguintes datos:
 
Datos persoais  
APELIDOS:  
NOME: DNI:
ENDEREZO:  
LOCALIDADE: C. POSTAL:
CONCELLO: PROVINCIA:
TELÉFONO:  
Datos da A.P.A.  
NOME:   
ENDEREZO:  
LOCALIDADE: C.POSTAL:
PROVINCIA: TELÉFONO:

 
 

Derradeira Actualización :   4-5-2000