A familia ten un papel fundamental no proceso de construción da personalidade, pois a través dela as nenas e os nenos adquiren os seus primeiros coñecementos e aprenden a relacionarse co seu contorno, interiorizando determinadas pautas de comportamento.

Dada a importancia do núcleo familiar como axente primario na socialización das criaturas, o Seminario Permanente de Educación en Igualdade vén impulsando dende o ano 1998 a realización de xornadas de formación en xénero especificamente dirixidas ás persoas con responsabilidades familiares que teñen interese en ofrecer ás súas fillas e fillos unha educación en igualdade, libre de estereotipos de xénero.

Esta décima Xornada galega de Nais e Pais Educando en Igualdade pretende, dun xeito lúdico, achegar recursos para a socialización nos valores da igualdade e do respecto. Deste xeito, ofreceranse obradoiros nos que participará toda a familia e nos que, a partir de diversas actividades, se coñecerán figuras da historia que romperon os estereotipos de xénero na elección da súa profesión, se fomentará a corresponsabilidade nas tarefas do fogar, se aprenderán hábitos saudables e se promoverá o respecto ao medio ambiente.

 

PROGRAMA DA XORNADA

Sábado, 3 de outubro de 2009

10:00 - 10:30

Saída dos barcos cara a Illa de San Simón, dende o porto de San Adrián de Cobres (Vilaboa, Pontevedra).

11:00 - 11:45

Para as nais e os pais:
Conferencia inaugural: "A coeducación na familia". Consuelo Flecha.

Para as cativas e cativos:
Contacontos: "Astronautas na corte real".

12:00 - 14:00

Obradoiro:
"Danzas with moi?!".
(A danza e os seus estereotipos no mundo)

Obradoiro:
"Aquí se prepara una boa!!".
(No cociñar sempre hai sitio).

14:00 - 15:30

Xantar.

15:30 - 18:00

Garabato de Xogo.

18:00 - 19:00

Merenda-concerto. Con "V.O. Quartet".

19:00 - 19:30

Saída dos barcos cara San Adrián de Cobres (Vilaboa, Pontevedra) e FIN DA XORNADA.

Tríptico da xornada en PDF. Tamaño: 380 Kb.

 

LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN

Esta actividade formativa realizarase na Illa de San Simón, o día 3 de outubro de 2009.

Aclaracións para os asistentes sobre o acceso ao lugar de realización da xornada.

 

INSCRICIÓN

Para poder participar na xornada, deberá enviar a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN, por correo electrónico, ordinario ou fax antes do 25 de setembro de 2009, a:

Secretaría da 10ª Xornada de Nais e Pais Educando en Igualdade
Seminario Permanente de Educación para a Igualdade
Servizo Galego de Igualdade
Plaza de Europa, 15A - 1º  (Polig. Fontiñas)
15781    Santiago de Compostela
Telf.:  981 541618
FAX:  981 545365
Correo electrónico: seminario.educacion.igualdadexunta.es

 

 

ENTIDADES ORGANIZADORAS

A 10ª Xornada Galega de Nais e Pais Educando en Igualdade está organizada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia e o Servizo Galego de Igualdade a través do Seminario Permanente de Educación para a Igualdade.

 

   
 

 

COLABORAN
Web da Fundación Illa de San 
Simón

 

 

 

COFINANCIAN

Derradeira actualización: 28-09-2009