I XORNADA GALEGA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE



No proceso de formación a adquisición da propia identidade persoal, o papel da familia ten sido e continúa a ser fundamental.

Nesta labor educativa a familia, ó longo dos derradeiros tempos, foi compartindo responsabilidades con outras institutcións socializadoras como a escola. Achegándonos así ó momento actual no que, simulando ter perdido o seu protagonismo educativo, é imprescindible crear momentos propiciadores para a comunicación, o diálogo e o consenso entre ámbalas dúas institucións.

Esta xornada de traballo organízase para propicia-la reflexión e coñecemento de aspectos básicos da Educación para a Igualdade analizando a intervención de estereotipos no propio entorno familiar.

A 1ª XORNADA GALEGA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE fíxase como obxectivos os seguintes:
 


 
 
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
10:00 Inauguración da 1ª XORNADA DE PAIS E NAIS EDUCANDO EN IGUALDADE.

Excma. Sra. Dna. Manuela López Besteiro.
Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Excmo. Sr. Don Celso Currás Fernández.
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.
 

10:15 Conferencia "As relacións de colaboración entre familia e escola no ámbito da Educación para a Igualdade"

D. Lois Ferradás. 
Vicedecano da Facultade de Educación de Santiago de Compostela.
Cofundador do Programa "Preescolar na Casa".
 

11:45 Descanso-café.
12:15 Charla-coloquio: "A corresponsabilidade familiar: uso discriminatorio do tempo e do espacio"

Dna. Ana Sánchez Bello. 
Profesora Universidade de A Coruña.

16:00 Conferencia: "Orientación familiar: os estereotipos nas expectativas de futuro dos fillos e das fillas"

D. Agustín Godás Otero. 
Profesor de Psicoloxía Social na Universidade de Santiago de Compostela.
 

17:30 Relatorio: "Saidas ó rematar o ensino obrigatorio"

Dna. Isabel Serna Masía. 
Xefa de Servicio de Ordenación e Innovación Educativa.
 

18:15 Descanso-café.
18:30 Mesa redonda: "¿Educamos en Igualdade? Algúns eidos de intervención na familia: a publicidade nos medios de comunicación, a linguaxe dos contos, a prevención da violencia nas relacións familiares".

Moderadora:
Ilma. Sra. Dna. Carmen Girón Daviña 
Secretaria Xeral do Servicio Galego de Igualdade.

Participantes:
D. Francisco Rodil. 
Periodista Xefe de Control de Cadea na RTVG.

Dna. Aurora Marco. 
Lingüista. Profesora na Universidade de Santiago de Compostela.

Dna. Pilar González. 
Psicóloga. Representante da ONG "Alecrín".

Clausura da 1ª XORNADA DE NAIS E PAIS EDUCANDO EN IGUALDADE.

Ilma. Sra. Dna. Aurora Montes Santa-Olalla. 
Directora Xeral do Servicio Galego de Igualdade.

Ilmo. Sr. Don Jose Luis Mira Lema. 
Director Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.
 

LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN

Esta xornada de traballo desenvolverase en SANTIAGO DE COMPOSTELA o día 19 de xuño de 1999 na Escola Galega de Administración Pública (Rúa de Madrid, 2 - 4 - Polígono de Fontiñas).
 

ENTIDADES ORGANIZADORAS

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través do SEMINARIO PERMANENTE DE EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE.
 

INSCRICIÓN

As asociacións e persoas interesadas poderán solicita-la súa solicitude de participación por fax (981 545365) e deberán enviala antes do 8 de xuño de 1999 por correo ordinario ou fax á Secretaría desta xornada, situada na sede do Servicio Galego de Igualdade.
 


Derradeira Actualización :   25-5-1999