OITAVO FORO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE |
![]() |
O sistema educativo
debe transmitir os coñecementos, valores e actitudes que lles permitan a
todas as nenas e a todos os nenos desenvolver as habilidades necesarias
para integrarse nunha sociedade que cada vez reclama con maior forza a
plena igualdade entre as mulleres e os homes. |
VENRES, 21 DE ABRIL | |
17:00 - 17:30 | Recollida de material. |
17:30 - 18:00 | Inauguración
oficial. Mª do Carme Adán Villamarín. Secretaria xeral da Igualdade. |
18:00 - 19:00 | Conferencia
inaugural. ¿Cuestiona a escola os roles de xénero? Algunhas reflexións sobre a situación actual. (Documento PDF - Tamaño: 385 Kb.). Ramona Barrio Rodríguez. Profesora do IES As Fontiñas. |
19:00 - 21:00 | Foros de reflexión alternativos. Algunhas
experiencias de traballo a prol da igualdade de oportunidades :
|
SÁBADO, 22 DE ABRIL | |
9:30 - 10:00 | Control de asistencia. |
10:00 - 11:00 | Posta en común dos foros de reflexión. |
11:00 - 12:00 | Conferencia:
“Leis e recursos autonómicos e estatais”. (Documento
PDF - Tamaño: 57 Kb). Mª Carmen Díaz Simón. Orientadora do IES Lucus Augusti. |
12:00 - 12:30 | Pausa-café. |
12:30 - 14:30 | Mesa-debate:
“A formación en igualdade do profesorado: vellos problemas,
novos enfoques”. Emilio A. García Fernández. CFR de Ourense (extensión do Barco de Valdeorras). Ponencia (Documento PDF - Tamaño: 43 Kb). Mª Dolores Candedo Gunturiz. Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Ponencia (Documento PDF - Tamaño: 30 Kb). Carmen Morán de Castro. ICE da Universidade de Santiago. |
14:30 - 16:00 | Buffet. |
16:00 - 18:00 | Obradoiros alternativos.
|
18:00 - 19:00 | Exposición. |
19:00 | Clausura:
Ana Luísa Bouza Santiago. Directora xeral do Servizo Galego de Igualdade. Mª José Pérez Mariño. Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa. |
LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN |
|
INSCRICIÓN |
Para mellorar a organización e adecuala aos seus intereses, deberá enviar a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN na que se sinalará un foro de reflexión e, por orde de preferencia, tres obradoiros, xunto coa confirmación de asistencia ao buffet, mediante fax, correo electrónico ou correo postal, antes do 12 de abril de 2006, á: |
Secretaría do
Oitavo
Foro Galego de Educación para a Igualdade Tlfno. 981
541 618 Correo electrónico: seminario.educacion.igualdadexunta.es |
SERVIZO DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA A MENORES DURANTE O DESENVOLVEMENTO DA XORNADA |
Co obxecto de facilitar a asistencia de nais e pais ás actividades formativas previstas, porase á súa disposición un servizo de atención especializada a menores de idades comprendidas entre os 18 meses e os 12 anos, co obxecto de que nenas e nos poidan gozar de actividades lúdico-formativas durante o seu transcurso. Para acceder a este servizo gratuíto, deberán cubrir a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DE MENORES e remitila, xunto coa información da súa asistencia, antes do 12 de abril de 2006. |
CERTIFICACIÓN ACREDITATIVA |
Este foro, como actividade do Plan anual de formación do profesorado 2005/06, terá unha acreditación equivalente a 10 horas de formación. |
ENTIDADES ORGANIZADORAS |
O Oitavo Foro Galego de Educación para a Igualdade está
organizado polo Servizo Galego de Igualdade da Vicepresidencia da
Igualdade e do Benestar, e a Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria, a través do Seminario Permanente de Educación para a
Igualdade. |
COFINANCIA
Derradeira actualización: 24-03-2006