SÉTIMO FORO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE |
|
Xénero
e multiculturalidade Na sétima
convocatoria desta actividade formativa centralizada, organizada
polo
Seminario Permanente de Educación para a igualdade, e seguindo
con
obxectivo de construír unha sociedade onde as mulleres e os
homes teñan
as mesmas oportunidades, decidiuse prestarlles unha especial
atención
ás circunstancias que rodean a vida das nenas e das rapazas
pertencentes a culturas que non son as maioritarias no noso
contorno. O feito
de ser inmigrante ou de pertencer a poboacións sobre as que
teñen
prexuízos, coa compoñente de ser nena ou muller, provoca unha
dobre
desigualdade que unha sociedade desenvolvida e democrática non
pode
permitir. Ao
longo de Sétimo Foro Galego de Educación para a Igualdade
describirase
a situación que viven estas nenas e mozas nos nosos centros
educativos
e presentarase liñas de traballo que contribúan a mellorar a
situación
e a previr situacións discriminatorias para elas. Así
mesmo, dedícaselles unha especial atención ás directrices da
Comisión
Europea como marco institucional do que xorden posteriores
actuacións
en materia de xénero e de educación e que, á súa vez, xeran unha
maior interculturalidade das accións desenvolvidas. |
![]() |
VENRES, 10 DE XUÑO | |
16:00 - 16:30 | Recollida de material. |
16:30 - 17:00 | Inauguración oficial. |
17:00 - 18:30 | Conferencia
inaugural. (Disporase
de traducción simultánea). Gender Equality adn lifelong learning: The European Dimension. Mónica Oels. Experta en educación e ex-membro da Dirección Xeral de Educación e Cultura. Comisión Europea |
18:30 - 19:00 | Pausa - café. |
19:00 - 21:00 | Obradoiros
simultáneos:
|
SÁBADO, 11 DE XUÑO | |
9:15 - 9:30 | Control de asistencia. |
9:30 - 11:00 | Conferencia. (Disporase
de traducción simultánea). Comment l'école en la France accueille les enfants de l'Islam Chistine Clerc. Xornalista e escritora francesa. |
11:00 - 11:30 | Pausa-café. |
11:30 - 13:00 | Panel de
comunicacións:
|
13:00 - 14:30 | Conferencia. A inmigración e a escola Julio Carabaña Morales. Catedrático de Socioloxía. Opinión pública e cultura de masas. Universidade Complutense de Madrid. |
14:30 - 16:00 | Buffet. |
16:00 - 18:00 | Obradoiros Simultáneos (repítense os obradoiros do venres). |
18:00 - 19:00 | Actividade Lúdica. Concerto tradicional caboverdiano a cargo do grupo feminino Batuko Tabanka. |
19:00 - 19:30 | Buffet étnico. |
LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN |
|
INSCRICIÓN |
Para mellorar a organización e adecuala aos seus intereses, deberá enviar a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN na que se sinalará, en orde de preferencia, tres obradoiros, xunto coa confirmación de asistencia ao buffet de mediodía e ao buffet étnico, mediante fax, correo electrónico ou correo postal, antes do 3 de xuño de 2005, á: |
Secretaría do
Sétimo
Foro Galego de Educación para a Igualdade Tlfno. 981
541 618 Correo electrónico. seminario.educacion.igualdade@xunta.es |
SERVIZO DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA A MENORES DURANTE O DESENVOLVEMENTO DA XORNADA |
Co obxecto de facilitar a asistencia de nais e pais ás actividades formativas previstas, porase á súa disposición un servizo de atención especializada a menores de idades comprendidas entre os 18 meses e os 12 anos, co obxecto de que nenas e nos poidan gozar de actividades lúdico-formativas durante o seu transcurso. Para acceder a este servizo gratuíto, deberán cubrir a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DE MENORES e remitila, xunto coa información da súa asistencia, antes do 3 de xuño de 2005 |
ENTIDADES ORGANIZADORAS |
O Sétimo Foro Galego
de
Educación para a Igualdade está organizado:
|
Derradeira actualización: 11-05-2005