Sexto foro galego de
Educación para a Igualdade

 

 

Na actualidade o uso da violencia de xénero no contexto escolar prevalece como unha aprendizaxe ligada á identidade sexual masculina. A relevancia que a intervención docente ten na súa corrección, xunto co incremento e xeneralización deste tipo de situacións no ámbito escolar, sustentan o interese por abordalo explícitamente na sexta edición do Foro Galego de Educación para a Igualdade.

 

Nesta edición, desde unha análise de xénero, preténdese facilitar a reflexión entre profesionais do ensino sobre como incorporar transversalmente a súa actividade docente e á dinámica escolar a prevención da violencia de xénero e, como, a través do seu propio comportamento ante o alumnado, consolidar un nivel de tolerancia cero cara ó seu uso na comunidade escolar.

 

Entre os obxectivos desta sexta edición compre destacar o interese por facilitar o debate docente e dar continuidade á reflexión colectiva sobre a aprendizaxe dos vínculos de xénero na etapa escolar, favorecendo a análise da súa relación coa permanencia dun enfoque androcéntrico na ciencia, na cultura e no currículo escolar.

 

As actividades programadas procurarán desvelar as características específicas que desde unha análise de xénero deberá reunir unha intervención didáctica de calidade, sustentada na avaliación dos recursos que ofrece o contorno escolar, para erradicar do currículo aquelas aprendizaxes que en boa medida reforzan o uso da violencia contra o feminino e contra as mulleres.


 

P   R   O   G   R   A   M   A

 

 

Venres, 11 de xuño de 2004

16:00 h
a
16:30 h

Recepción e entrega de documentación.

16:30 h
a
17:00 h

Inauguración oficial.

CELSO CURRÁS FERNÁNDEZ. Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

PILAR ROJO NOGUERA. Conselleira de Familia, Xuventude, Deporte  e Voluntariado.

17:00 h
a
18:30 h

Conferencia: "Violencia de xénero e masculinidades. A aprendizaxe escolar dos vínculos que sustentan o uso da violencia".

FERNANDO BARRAGÁN MEDERO. Profesor titular de Didáctica e Organización Escolar. Universidade de La Laguna.

18:30 h
a
19:00 h

Descanso - café.

19:00 h
a
21:00 h

Obradoiros simultáneos.

  • Obradoiro 1: A negociación na resolución de conflictos entre iguais. FERNANDO BARRAGÁN MEDERO. Profesor titular de Didáctica e Organización Escolar. Universidade de La Laguna.

  • Obradoiro 2: Os valores, elemento troncal do coñecemento doméstico. NURIA SOLSONA I PAIRÓ. Profesora de ensino secundario. Doutora en Ciencias da Educación.. 

  • Obradoiro 3: O clima de aula, importancia da comunicación verbal e non verbal na relación educativa. ÁNGELA MUÑOZ SÁNCHEZ. Profesora titular de Psicoloxía Evolutiva e da Educación.

  • Obradoiro 4: A disciplina no ensino secundario. Conflictos sen resolver. ¿Cómo deseñar un plan de convivencia e mediación nun centro educativo?. ENRIQUE DÍEZ GUTIÉRREZ. Profesor titular de Didáctica e Organización Educativa. Universidade de León.

  • Obradoiro 5: A organización e a dirección de reunións dende unha análise de xénero. LOURDES MIRÓN REDONDO. Profesora titular de Psicoloxía Social. Universidade de Santiago de Compostela.

 

 

 

 

Sábado, 12 de xuño de 2004

10:00 h
a
10:30 h

Panel de experiencias.

Presentación do programa COMENIUS.
"Combating violence in schools between boys and girls".

VISITACIÓN PEREDA HERRERO. Profesora asociada. Universidade de Deusto.

10:30 h
a
12:00 h

Conferencia: "Aprender a superar a aprendizaxe da violencia de xénero desde o ámbito familiar".

BERNABÉ TIERNO JIMÉNEZ. Psicólogo. Pedagogo. Escritor.

12:00 h
a
12:30 h

Descanso - café.

12:30 h
a
14:30 h
Panel de experiencias.
  • A experiencia das mulleres como estratexia docente. Presentación da experiencia desenvolvida na COMUNIDADE AUTÓNOMA DE CASTELA-LEÓN.
  • Educando para a concordia de xénero. Presentación do programa desenvolvido na COMUNIDADE AUTÓNOMA DE VALENCIA.
  • Programa de prevención de violencia de xénero para adolescentes. Avaliación da experiencia desenvolvida na COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.
14:30 h
a
16:30 h

Xantar de traballo.

16:30 h
a
19:30 h

Obradoiros simultáneos.

  • Obradoiro 1: A negociación na resolución de conflictos entre iguais. FERNANDO BARRAGÁN MEDERO. Profesor titular de Didáctica e Organización Escolar. Universidade de La Laguna.

  • Obradoiro 2: Os valores, elemento troncal do coñecemento doméstico. NURIA SOLSONA I PAIRÓ. Profesora de ensino secundario. Doutora en Ciencias da Educación.. 

  • Obradoiro 3: O clima de aula, importancia da comunicación verbal e non verbal na relación educativa. ÁNGELA MUÑOZ SÁNCHEZ. Profesora titular de Psicoloxía Evolutiva e da Educación.

  • Obradoiro 4: A disciplina no ensino secundario. Conflictos sen resolver. ¿Cómo deseñar un plan de convivencia e mediación nun centro educativo? ENRIQUE DÍEZ GUTIÉRREZ. Profesor titular de Didáctica e Organización Educativa. Universidade de León.

  • Obradoiro 5: A organización e a dirección de reunións dende unha análise de xénero. LOURDES MIRÓN REDONDO. Profesora titular de Psicoloxía Social. Universidade de Santiago de Compostela.

 

 

LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN

Esta actividade formativa realizarase en Santiago de Compostela os días 11 e 12 de xuño de 2004 na Escola Galega de Administración Pública, Rúa Madrid, 2-4 (Polígono das Fontiñas).
 

 

CERTIFICACIÓN ACREDITATIVA

Esta actividade terá unha acreditación equivalente a 10 horas de formación. O profesorado interesado deberá solicita-la súa tramitación á organización ó entregar a enquisa de avaliación da actividade. 

 

INSCRICIÓN

Para mellora-la organización e adecuala ós seus intereses, deberá envia-la solicitude de inscrición no que sinalará, en orde de preferencia, tres obradoiros, xunto coa confirmación de asistencia ó xantar de traballo mediante fax, correo electrónico ou correo postal antes do 5 de xuño de 2004, á:

 

Secretaría do Sexto foro galego de educación para a igualdade.

Servizo Galego de Igualdade
Plaza de Europa, 15A - 2º  (Polig. Fontiñas)
15781    Santiago de Compostela
Telf.:  981 541618 - 545351
FAX:  981 545365
Email: seminario.educacion.igualdadexunta.es

 

ENTIDADES ORGANIZADORAS

O Sexto foro galego de educación para a igualdade está organizado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado e o Servizo Galego de Igualdade a través da súa unidade Seminario Permanente de Educación para a Igualdade.

 

 


     

Derradeira Actualización :  10-05-2004