O Foro galego de educación para a igualdade organízase un ano máis desde o Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, como unha actividade centralizada de formación do profesorado na que se debe continuar avanzando colectivamente, desde a análise de xénero, novos desenvolvementos dunha educación en igualdade, comprometida coa prevención da violencia sexista.
Na presente edición, prestarase unha especial atención á construcción da identidade persoal e ás diferencias que os colectivos masculino e feminino adoptan no proceso. Apuntaranse tamén, para a valoración docente, pautas didácticas que, reforzando as calidades persoais de alumnas e alumnos, poidan derivar en eixes de formación que lles permitan vivir con dignidade e plenitude nunha sociedade de xénero e, mesmo, evitar situacións de risco que poidan derivar en violencia e/ou exclusión social como: malos tratos, abusos sexuais, acoso sexual, prostitución,...
Ó longo da xornada procuraranse momentos para a reflexión conxunta sobre das influencias que, no particular, exercen estereotipos presentes na sociedade androcéntrica, e avanzaranse propostas de acción educativa que redunden nunha real igualdade de oportunidades formativas para alumnas e para alumnos. |
|
P R O G R A M A |
9:30 h |
Recepción e entrega de documentación. |
10:00 h |
Inauguración oficial. CELSO CURRÁS FERNÁNDEZ. Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria. PILAR ROJO NOGUERA. Conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado. |
10:30 h |
Conferencia inaugural: "Educar desde a igualdade na prevención da violencia de xénero". IRMA SAUCEDO GONZÁLEZ. Socióloga Colexio de México. JOAN M. NAVARRO I MIRALLES. Investigador Universitat Jaume I. Castellón. Cátedra UNESCO de Filosofía para a Paz. |
11:45 h |
Descanso. |
12:15 h |
Obradoiros simultáneos.
|
14:30 h |
Xantar de traballo. |
16:00 h |
Obradoiros simultáneos.
|
19:30 h |
Clausura. AURORA MONTES SANTA-OLALLA. Directora xeral do Servicio Galego de Igualdade. ALBERTO GONZÁLEZ ARMESTO. Director xeral de Centros e Ordenación Educativa. |
LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN
Esta actividade formativa
realizarase en Santiago de Compostela o día
5 de abril de 2003 na Escola Galega de Administración Pública,
Rúa Madrid, 2-4. Polígono das Fontiñas.
CERTIFICACIÓN ACREDITATIVA
Esta actividade terá unha acreditación equivalente a 10 horas de formación. O profesorado interesado deberá solicita-la súa tramitación á organización o mesmo día da celebración.
INSCRICIÓN
Para mellora-la organización e adecuala ós seus intereses, deberá envia-la solicitude de inscrición no que sinalará, en orde de preferencia, os obradoiros elixidos, máximo tres, xunto coa confirmación de asistencia ó xantar de traballo mediante fax, correo electrónico ou correo postal antes do 31 de marzo de 2003, á Secretaría do Quinto foro galego de educación para a igualdade.
Secretaría do Quinto foro galego de educación para a igualdade.
Servicio Galego de Igualdade
Plaza de Europa, 15A - 2º (Polig. Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela
Telf.: 981 541618 - 545351
FAX: 981 545365
Email: sgpihmxunta.es
ENTIDADES ORGANIZADORAS
O Quinto foro galego de educación para a igualdade está organizado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado e o Servicio Galego de Igualdade a través da súa unidade Seminario Permanente de Educación para a Igualdade.
![]() |
![]() |