O
Seminario Permanente de Educación para a
Igualdade continuando o seu labor de promoción e
construcción
colectiva dun modelo educativo máis humano,xusto e
igualitario na
comunidade educativa galega ,organiza un ano máis esta actividade
formativa do profesorado no interese de profundizar na integración
transversal da perspectiva de xénero na vida escolar. O
Foro galego de educación para a
igualdade,
na súa cuarta edición, ten por obxecto favorece-la revisión da
formación
que se brinda na actualidade
a alumnas e alumnos nos
diferentes ámbitos curriculares e facelo, desde o
desenvolvemento
do dereito á igualdade de oportunidades entre os colectivos
de xénero.Neste sentido sinálase
a organización escolar como recurso de primeira orde na
procura
deste
obxectivo. As
actividades programadas ó longo da xornada, facilitarán ó
profesorado
asistente momentos para o debate e a reflexión conxunta sobre a
organización igualitaria da vida escolar, así como brindaráselle a
oportunidade de achegarse ó coñecemento de estratexias e pautas
educativas, que permitirán avanzar
concrecións didácticas na súa práctica docente. Co obxectivo pois de seguir a procurar unha real igualdade de oportunidades ó desenvolvemento das potencialidades individuais do alumnado nunha sociedade de xénero, faise preciso afondar en cómo asentar solidamente no proceso de socialización persoal, valores e dereitos como, a igualdade, a xustiza e a solidariedade, de modo que esta formación redunde positivamente na construcción e mellora da convivencia entre homes e mulleres, en tódolos ámbitos de relación e participación social.
|
|
P R O G R A M A |
9:30 h |
Recepción dos asistentes. Entrega da documentación. |
10:00 h |
Panel de comunicación: "A relevancia do xénero na organización escolar:unha mirada reflexiva sobre a igualdade formativa de alumnas e de alumnos". DOLORES SÁNCHEZ GONZÁLEZ. Catedrática da Universidade de Zaragoza. MIGUEL A. SANTOS GUERRA. Catedrático da Universidade de Málaga. |
12:00 h |
Inauguración oficial. CELSO CURRÁS FERNÁNDEZ. Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria. MANUELA LÓPEZ BESTEIRO. Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. |
12:30 h |
Descanse café. |
12:45 h |
Panel de experiencias didácticas de igualdade na Comunidade Autónoma.
|
14:00 h |
Xantar de traballo. |
16:00 h |
Obradoiros.
|
19:00 h |
Actividade lúdica. |
LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN
Esta actividade de formación do
profesorado
realizarase en Santiago de
Compostela o día 12 de abril de 2002 na Escola Galega de
Administración Pública. Rúa Madrid, 2-4.
Polígono de Fontiñas.
CERTIFICACIÓN ACREDITATIVA
Esta actividade ten unha acreditación
equivalente a 10 horas de formación. A persoa interesada deberá
solicita-la súa tramitación á organización desta actividade.
INSCRICIÓN
Para mellora-la organización e adecuala ós seus intereses, deberá envia-la comunicación dos obradoiros elexidos en orde de preferencia, máximo dous, mediante fax ou correo electrónico á Secretaria do Cuarto foro galego de educación para a igualdade, antes do 5 de abril de 2001. Solicitude de inscrición.
Secretaría do Cuarto foro galego de educación para a igualdade.
Servicio Galego de Igualdade
Plaza de Europa, 15A - 2º (Polig. Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela
Telf.: 981 541618 - 545351
FAX: 981 545365
Email: sgpihmxunta.es
ENTIDADES ORGANIZADORAS
O Cuarto Foro Galego de Educación para a Igualdade esta organizado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ,a Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, o Servicio Galego de Igualdade a través da súa unidade Seminario Permanente de Educación para a Igualdade e o Instituto da Muller do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.
![]() |
![]() |