![]() |
O Seminario Permanente de Educación para a Igualdade continuando o seu labor de promoción e construcción consensuada dun modelo educativo humano, xusto e igualitario na comunidade educativa galega, organiza esta actividade como un momento para a revisión conxunta co profesorado da actual cultura escolar, á luz da perspectiva de xénero.
O Foro galego de educación para a igualdade, na súa terceira edición, ten por obxecto afondar sobre a necesidade de continuar avanzando en novas concrecións do valor da igualdade e das oportunidades formativas para os colectivos masculino e feminino; favorecendo, en última instancia, o consenso e a reflexión crítica dos propios equipos docentes en torno á incidencia do curriculo oculto na organización da convivencia escolar.
As actividades programadas ó longo da xornada facilitarán ó profesorado asistente achegarse a pautas educativas de socialización acordes ó dereito a establecer relacións de equidade entre homes e mulleres en tódolos ámbitos de participación social; construíndo unha sociedade plural na que as diferencias de xénero non se contrapoñan a valores de xustiza, de solidariedade e de paz na convivencia entre persoas de diferente sexo.
|
|
9:30 h | Recepción e entrega de documentación. |
10:00 h |
Inauguración oficial da actividade.
Don CELSO CURRÁS FERNÁNDEZ
Dona MANUELA LÓPEZ BESTEIRO
|
10:30 h |
Conferencia: "A linguaxe na construcción da realidade e da identidade de xénero".
|
12:00 h | Pausa-café. |
12:15 h | Panel de experiencias educativas
de
igualdade na Comunidade Autónoma.
"Cholo e Nela, camiñando
pola
igualdade".
Experiencia na etapa infantil.
"A imaxe persoal desde unha perspectiva de
xénero".
Experiencia nos ciclos formativos de Perruquería e Estética.
"O profesorado de ensino primario ante a
educación en
igualdade". Estudio descriptivo na provincia de Ourense.
"No poboado de Ainoa".
Experiencia transversal de xénero na etapa infantil e primaria.
|
14:30 h | Xantar de traballo na EGAP. |
16:00 h | Obradoiros.
"A
educación para a igualdade baixo unha óptica interdisciplinar: A
transversalidade de xénero".
"Prevención da violencia de xénero na convivencia
escolar".
Pedagoga. Experta colaboradora no Proxecto RELACIONA en Galicia.
"Elaboración
de materiais didácticos desde a perspectiva de xénero".
Educadora. Experta en educación non sexista.
"O
xénero na organización das aprendizaxes
científico-tecnolóxicas".
Profesora de Enxeñería Química na Universidade de Vigo. |
ENTIDADES ORGANIZADORAS
O Terceiro foro de educación para a igualdade esta organizado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ,a Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, o Servicio Galego de Igualdade a través do Seminario Permanente de Educación para a Igualdade e o Instituto da Muller do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.
![]() |
![]() |
Este foro celebrarase en Santiago
de
Compostela o día 8 de maio. A sesión da mañá (9:30 - 14:00 horas)
desenvolverase no Salón 2 da Consellería de Presidencia e Administración
Pública. Edificio Administrativo de San Caetano; a sesión da tarde
(16:00 -
20:00 horas) na Escola Galega de Administración Pública. Rúa Madrid,
2-4.
Polígono de Fontiñas.
CERTIFICACIÓN ACREDITATIVA
Esta actividade ten unha acreditación
equivalente a 10 horas de formación. A súa tramitación deberá ser
solicitada expresamente á organización desta actividade pola persoa
interesada.
INSCRICIÓN
A confirmación da súa asistencia deberá realizala xunto coa comunicación dos obradoiros elexidos en orde de preferencia, máximo dous, mediante fax ou correo electrónico á Secretaria do Terceiro foro de educación para a igualdade antes do 25 de abril de 2001.
Secretaría do Terceiro foro galego de educación para a igualdade.
Servicio Galego de Igualdade
Plaza de Europa, 15A - 2º (Polig. Fontiñas)
15707 Santiago de Compostela
Telf.: 981 541618 - 545366
FAX: 981 545365
Email: sgpihmxunta.es