II FORO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE

As formas de discriminación entre persoas de diferente sexo no eido educativo teñen mudado substancialmente.A persistencia de dificultades para acadar unha real igualdade de oportunidades na vida social entre mulleres e homes, condúcenos ó entorno formativo no que as persoas construen a súa propia identidade e aprenden o desempeño do seu rol de xénero.

O Seminario de Educación para a Igualdade tendo como obxectivo prioritario favorece-la construcción conxunta dun proxecto educativo humano, xusto e igualitario na Comunidade Educativa galega que permita acadar unha real igualdade de oportunidades a tódalas persoas que nel participan, organiza esta actividade de formación co obxecto de favorecer unha análise pausada e crítica das mensaxes e mecanismos de discriminación subxacentes que continúan impregnando na actualidade o desenvolvemento dos diferentes Proxectos Educativos de Centro.

A  participación activa do profesorado neste proceso de análise constitúe un factor determinante para acadar unha real igualdade de oportunidades entre alumnas e alumnos; este Segundo foro galego de Educación para a Igualdade preséntase como un momento para a actualización  formativa e para o intercambio  de informacións, coñecementos e experiencias entre  o profesorado de niveis non universitarios sobre a intervención da cultura de xénero na organización escolar e no seu propio desempeño profesional.



 
 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES
9:30 h Recepción e entrega de documentación ó profesorado asistente.
10:00 h Conferencia: "A perspectiva de xénero no ámbito educativo".
Dona MARINA NÚÑEZ GIL.
Profesora de Historia da Educación  na Universidade Hispalense de Sevilla.
11:30 h Inauguración do Segundo foro galego de educación para a igualdade.

Don CELSO CURRÁS FERNÁNDEZ
Excmo. Sr. Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Dona MANUELA LÓPEZ BESTEIRO
Excma. Sra. Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

11:45 h Pausa-café.
12:15 h Presentación de experiencias no ámbito da Educación para a Igualdade na Comunidade Autónoma.

"A Educación para a Igualdade, eixo transversal de organización escolar na etapa de educación infantil e primaria".
Dona TERESA DOMINGUEZ PÉREZ.
Profesora no  C.R.A. de Tui.

"Analizando a evolución secular  da  imaxe da muller na prensa escrita local: unha experiencia de aula  na Educación Secundaria Obrigatoria".
Dona Mª JESÚS BUITRAGO RUBIRA.
Profesora no IES Ribeira do Louro. O Porriño.

"A proxección  da análise de xénero no contorno educativo. Experiencia nun Proxecto Comenius".
Dona  MARÍA ÁLVAREZ LIRES.
Profesora no  IES  O Meixoeiro. Vigo.

14:00 h Xantar - bufete.
16:00 h Obradoiros simultáneos.
18:00 h Descanso.
18:30 h Conferencia: "A igualdade versus diferencia na construcción dun modelo educativo integrador".
Dona CARMEN GARCÍA COLMENARES.
Profesora de Psicoloxía da  Educación e do desenvolvemento na idade escolar,  na Universidade de Valladolid.
20:00 h Clausura do Segundo foro galego de educación para a igualdade.

Don JOSE LUIS MIRA LEMA
Ilmo. Sr. Director Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

Dona AURORA MONTES SANTA-OLALLA
Ilma. Sra. Directora Xeral do Servicio Galego de Igualdade.


 
 
 
 
 
RELACIÓN DE OBRADOIROS
1. Traballando a Educación para a Igualdade baixo unha óptica interdisciplinar.
Dona ALICIA GIL GÓMEZ.
Coordinadora de Programas de xénero, metodoloxía e violencia na Universidade Jaume I de Castellón.
2. A prevención da violencia de xénero na relación educativa. Pautas de análise e intervención.
Dona BELEN NOGUEIRAS GARCÍA.
Psicóloga asesora do Proxecto RELACIONA en Galicia.
3. Avaliación de materiais e recursos  didácticos dende a perspectiva de xénero.
Don LUCIO MARTÍNEZ ÁLVAREZ.
Profesor de Didáctica da expresión corporal na Escola Universitaria de Educación de Palencia.
4. A integración da análise de xénero no desenvolvemento psicoafectivo durante a etapa escolar.
Dona ENCARNA SUEIRO DOMINGUEZ.
Profesora na Facultade de Humanidades da Universidade de Vigo.
5. Diseño de Proxectos de Igualdade no ámbito da educación non formal.
Dona GRACIELA MORALES HERNÁNDEZ. 
Socióloga colaboradora do Instituto da Muller no Proxecto RELACIONA.

 

ENTIDADES ORGANIZADORAS

O Segundo foro de educación para a igualdade está organizado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, o Servicio Galego de Igualdade a través do Seminario Permanente de Educación para a Igualdade e, o Instituto da Muller do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.
 

OBXECTIVOS

  1. Incrementa-la sensibilización do profesorado participante  sobre o desempeño do seu propio rol de xénero no proceso formativo do alumnado ó seu cargo.
  2. Favorece-la integración da perspectiva de xénero como categoría de análise e de organización transversal do contexto educativo e formativo a través da súa dinamización nos respectivos Proxectos Educativos de Centro.
  3. Promove-lo proceso de innovación e investigación no eido da Educación para a Igualdade mediante o establecemento de novos canles de comunicación e intercambio profesional entre o profesorado galego interesado na promoción dunha real igualdade de oportunidades para alumnas e alumnos.

  4.  
LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN

Este foro realizarase en SANTIAGO DE COMPOSTELA o día 16 de xuño de 2000 na Escola Galega de Administración Pública. (Rúa de Madrid, 2-4  - Polígono de Fontiñas).
 

CERTIFICACIÓN ACREDITATIVA

Esta actividade ten unha acreditación equivalente a 10 horas de formación. Será requisito para a expedición desta certificación oficial, entregar unha proposta de intervención escolar acorde co contido do obradoiro no que se participara.

Esta memoria deberá ser enviada á Secretaría do Segundo foro galego de educación para a igualdade antes do 20 de xullo de 2000.
 

INSCRICIÓN

O profesorado interesado nesta actividade formativa deberá envia-la súa solicitude e confirmación de asistencia por correo  electrónico, ordinario ou fax á Secretaria do Segundo foro antes do 12 de xuño.

Servicio Galego de Igualdade
Plaza de Europa, 15A - 2º  (Polig. Fontiñas)
15707    Santiago de Compostela
Telf.:  981 541618 - 545366
FAX:  981 545365
Email: sgpihmxunta.es

Na mesma solicitude deberán sinalar, segundo orde de preferencia, os obradoiros nos que desexan inscribirse (máximo dous) a efectos de organización.
 
 

     

Derradeira Actualización :  25-05-2000