A igualdade entre mulleres e homes é un dereito básico. Desde o Servizo Galego de Igualdade, actúase para garantir este dereito en todos os ámbitos da sociedade. Desde 1998, estase a traballar en estreito contacto coa comunidade educativa, para facer efectivo o exercicio deste dereito fundamental, mediante unha serie de actuacións coordinadas a través do Seminario Permanente de Educación para a Igualdade. Entre estas cóntanse os cursos formativos destinados á comunidade escolar co fin de promover a construción dun novo modelo capaz de desenvolver todas as calidades individuais con independencia do xénero, tratando de corrixir os estereotipos e de propoñer un currículo equilibrado que elimine os trazos sexistas presentes na sociedade.

O presente foro, que alcanza a súa undécima edición, leva por título: “O currículo coeducativo: aplicacións prácticas”. O tema é de interese se temos en conta que no currículo educativo non só están reflectidas as intencións formativas, os obxectivos e contidos, as orientacións metodolóxicas e a avaliación, senón tamén os valores, actitudes e normas sociais establecidas. É aí onde o enfoque coeducativo debe terse en conta para evitar que a intervención no currículo se produza dun modo parcial e anecdótico.

Na medida en que coeducar é algo máis que introducir unha serie de novos contidos ou de levar a cabo unhas determinadas actividades, este novo foro propón á comunidade educativa elementos de reflexión sobre as propias actuacións docentes, a partir do coñecemento dos resultados de experiencias coeducativas levadas adiante por profesionais con experiencia na aplicación do enfoque coeducativo nos seus distintos currículos de referencia. Todo iso co obxectivo de poñer a disposición das e dos docentes algunhas ferramentas e recursos que lle faciliten o traballo en igualdade.

 

DESTINATARIAS/OS

Profesorado de centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e de centros privados concertados.

 

 

PROGRAMA DA XORNADA

 

Venres, 23 de outubro
16:30 h

Recollida de material e acreditacións.

17:00 h

Inauguración.

17:30 h

Relatorio: "A coeducación no ensino".
Nélida Zaitegui de Miguel. Inspectora de Educación.

19:30 h Peche da xornada - Café.

 

Sábado, 24 de outubro
09:30 h

Relatorio: Matemáticas na matemática.
Matilde Ríos Fachal. Profesora de Matemáticas. CPI Cruz do Sar (Bergondo).

10:30 h

Relatorio: Practicando deporte en igualdade: O Korfbal.
Rosa Fallada Salat. Profesora de Educación Física. Especialista en Korfbal. IES Ernest Lluch i Martí (Cunit).
Ignasi Vinós Agustí. Profesor de Educación Física. Especialista en Korfbal. IES Alexandre Dalí (Barcelona).

11:30 h Pausa café.
12:00 h

Exposición de metodoloxías e ferramentas para o traballo práctico na coeducación.

  • "O sexismo nas cancións: a linguaxe machista e os contidos sexistas implícitos”.
  • "Rompendo o teito de cristal: a experiencia dun proxecto coeducativo multidisciplinar”
14:00 h Pausa.
16:00 h

Relatorio: O lugar do xénero na xeografía.
Emilia Rodríguez Eiris. Profesora de Xeografía. IES As Mariñas (Betanzos).
María José Vázquez González. Profesora de Xeografía. IES Fragas do Eume (Pontedeume).

17:00 h

Relatorio: Arte para a mocidade.
Beatriz Porqueres Giménez. Profesora de Ciencias Sociais. IES Vila Gràcia (Barcelona).

18:00 h

Actuación musical: Concerto delle Dame.

18:45 h

Clausura.

Díptico da actividade en PDF. Tamaño: 547 Kb.

 

LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN

Esta actividade formativa realizarase en Santiago de Compostela na Escola Galega de Administración Pública (Rúa de Madrid, 2-4 - Polígono das Fontiñas), os días 23 e 24 de outubro de 2009.
 

 

INSCRICIÓN

Actividade incluída no Plan anual de formación do profesorado 2009/2010. A inscrición debe realizarse antes do 16 de outubro de 2009 a través do formulario habilitado para estes efectos no enderezo www.edu.xunta.es/fprofe , especificando a referencia X0902010.

Por favor, indique a través do correo electrónico habilitado no enderezo anterior se durante o desenvolvemento da actividade quere facer uso do servizo de atención a menores ou precisa de calquera outro servizo específico como consecuencia dunha diversidade funcional.

 

 

ENTIDADES ORGANIZADORAS

   
 

 

COLABORAN

Web da EGAP

 

COFINANCIA

 

     
Derradeira actualización:  30-09-2009