![]() |
Esta actividade de formación do profesorado, organizada polo Servizo Galego de Igualdade a través do Seminario Permanente de Educación para a Igualdade, pretende, desde o marco da coeducación, contribuír a transferir aos centros de ensino un modelo de educación baseado na liberdade persoal, que transmita ás nenas e aos nenos valores como o respecto e a autoestima, a igualdade nas relacións afectivas, o pracer e a responsabilidade compartidos, a autonomía emocional, a educación e a expresión das emocións e dos sentimentos, a liberdade de opcións sexuais etc., sempre con perspectiva de xénero e co obxectivo máis amplo de contribuír á erradicación da violencia sexista.
Na presente edición, AFECTOS E EMOCIÓNS: A escola na construción da autonomía persoal, procuramos traballar as emocións, coñecelas, nomealas, identificar e tomar consciencia dos propios desexos sen sentimento de culpa, cuestionar os modelos de relacións xenericamente estruturados, para rematar así coa dicotomía feminino/masculino, co esquema de submisión / dominación que subxace na ideoloxía patriarcal que sustenta a violencia de xénero. Eis a vía, o camiño cara á autonomía persoal, cara á adquisición dun criterio propio e o compromiso libremente asumido de relacións en igualdade, o camiño cara á liberdade.
Ao longo desta xeira analizaremos este tema e
teremos a ocasión de participar nunha serie de obradoiros de carácter
práctico co obxectivo de dotar o profesorado, principal axente de cambio
en calquera reforma educativa, das ferramentas precisas para traballar
esta cuestión nas aulas.
Programa da xornada |
MAÑÁ | |
09:00 h |
Acreditacións. |
09:15 h |
Inauguración. |
09:30 h |
Conferencia: Conxugamos "bentratar".
|
11:00 h | Café. |
11:30 h | Obradoiros simultáneos.
|
TARDE | |
16:30 h | Obradoiros simultáneos.
|
19:30 h | Conclusións e clausura. |
LUGAR E DATA DE CELEBRACIÓN
Esta actividade formativa
realizarase en Santiago de Compostela na Facultade de
Ciencias da Educación (Rúa Xoan XXIII, s/n - Antiga E.U. de
Maxisterio), o día 10 de maio de 2008.
INSCRICIÓN
Para mellorar a organización, deberá enviar a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN indicando preferencia de obradoiros, mediante fax, correo electrónico ou correo postal antes do 4 de maio de 2008, a:
Seminario de educación para a igualdade.
Servizo Galego de
Igualdade
Plaza de Europa, 15A - 2º (Polig. Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela
Telf.: 981 541618
FAX: 981 545365
Email: seminario.educacion.igualdadexunta.es
Co obxecto de facilitar a asistencia de nais e pais ás actividades de formación, ponse á súa disposición un servizo de atención a menores con idades comprendidas entre 1 e 12 anos. Para acceder a este servizo gratuíto, deberán cubrir a SOLICITUDE DE INSCRICIÓN DE CRIANZAS e remitila, xunto coa confirmación da súa asistencia.
Terá preferencia o persoal docente dos centros educativos públicos e privados de ensino non universitario da comunidade autónoma de Galiza.
A asistencia á xornada non inclúe xantar.
ENTIDADES ORGANIZADORAS
COFINANCIA