PROGRAMA OPERATIVO DO FONDO SOCIAL EUROPEO DE GALICIA 2007-2013
EIXE 4: PROMOVER A COOPERACIÓN TRANSNACIONAL E INTERREXIONAL

 

DATOS DESCRIPTIVOS DO PROXECTO
PERIODO DE EXECUCIÓN

Setembro a Decembro 2009.

UBICACIÓN DO PROXECTO

Galicia, Castela e León, Rexión Norte de Portugal.

OBXECTIVOS DE INTERVENCIÓN
  • Identificación das asociacións de homes pola igualdade que traballan no territorio do proxecto.
  • Intercambio metodolóxico e de experiencias.
  • Elaboración de material conxunto.
OBXECTIVOS XERAIS
  • Promoción de redes de intercambio de información, experiencias, resultados e boas prácticas en materia de conciliación e corresponsabilidade desde o ámbito de actuación das asociacións de homes pola igualdade.
  • Creación de plataformas de experimentación para o desenvolvemento conxunto de servizos, metodoloxías, ferramentas e produtos que fomenten a aprendizaxe mutua de novos enfoques e novos modelos de xestión.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
  • Creación dun foro de debate e reflexión sobre a contribución das asociacións de homes pola igualdade en políticas de conciliación e corresponsabilidade.
  • Dotar de valor engadido ao deseño e desenvolvemento de metodoloxías e materiais previstos nas experiencias dos distintos territorios participantes, mediante a creación de redes de colaboración e cooperación para o contraste e validación de métodos de integración das medidas de conciliación e corresponsabilidade nas políticas xerais.
  • Promover a sensibilización e capacitación das entidades participantes no proxecto, a través de accións de intercambio de información e coñecemento de boas prácticas.
  • Transferibilidade das actuacións de desenvolvemento común e adaptación das metodoloxías e materiais elaborados.
ACTIVIDADES
  • Programa de intercambio de documentación, metodoloxías e materiais técnicos deseñados polas entidades participantes:
    • Organización de reunións de traballo entre o persoal técnico das entidades participantes. Realizaranse polo menos tres reunións ao longo do proxecto, a primeira das cales servirá para establecer os mecanismos e metodoloxías de traballo. As reunións celebraranse nos tres territorios.
    • Introdución na páxina web das distintas entidades participantes de información, comunicación e difusión do proxecto dos distintos materiais, actuacións realizadas e resultados que se vaian obtendo.
  • Programa de estímulo á integración das asociacións de homes pola igualdade nas políticas de conciliación e corresponsabilidade:
    • Realización de visitas de intercambio para coñecer as ferramentas, metodoloxías e formas de intervención das entidades participantes no ámbito da conciliación e corresponsabilidade. Realizarase polo menos unha visita a cada territorio.
    • Creación de grupos de traballo e xornadas técnicas para a avaliación e discusión de resultados en materia de conciliación e corresponsabilidade sobre a base das experiencias achegadas desde as asociacións de homes pola igualdade.
    • Elaboración dun estudo-investigación, no marco da Unión Europea, sobre o papel dos homes na consecución dos obxectivos da igualdade.
    • Investigación sobre a participación dos homes nos organismos de igualdade en España e Portugal.
    • Enquisa en Galicia, Castela e León, Rexión Norte de Portugal, para coñecer a implicación dos homes en materia de conciliación e corresponsabilidade.
  • Programa de elaboración e deseño de materiais conxuntos:
    • Confección dun inventario de materiais, ferramentas e metodoloxías de intervención en materia de conciliación e corresponsabilidade.
    • Elaboración dun documento con recomendacións e obxectivos básicos para a incorporación das experiencias das asociacións de homes pola igualdade nas políticas xerais sobre conciliación e corresponsabilidade.
    • Deseño dun programa de formación dirixido a homes desde unha perspectiva igualitaria: implementación nos territorios participantes.
  • Programa de transferencia do proxecto e difusión de resultados:
    • Campaña de divulgación das boas prácticas desenvolvidas, os materiais e instrumentos elaborados e as estratexias e metodoloxías deseñadas ao redor dos produtos finais.
    • Xornada de avaliación e discusión de resultados que favoreza a transferibilidade do proxecto. Contarase coa participación de entidades, públicas e privadas, que faciliten a devandita transferencia.
ORGANISMOS PARTICIPANTES

Organismo responsable:

   

Organismos e asociacións participantes:

Comissâo para a Cidadanía e a Igualdade de Género   Web 
da Comissâo para a Cidadanía e a Igualdade de Género
Dirección General de la Mujer - Junta de Castilla y León   Web da 
Dirección General de la Mujer da Junta de Castilla y León
Homes Galegos pola Igualdade   Web de Homes Galegos pola 
Igualdade
Grupo Prometeo   Web do 
Grupo Prometeo
Hombres por la Igualdad en Aragón   Web de Hombres por 
la Igualdad en Aragón
Hombres Igualitarios de Jérez "Hombrecitos de madera"   Web de 
Hombres Igualitarios de Jerez
Grupo de Hombres por la Igualdade de Palencia   Web do Grupo de Hombres 
por la Igualdade de Palencia
Asociación de Hombres por la Igualdad de Género - AHIGE   Web da 
Asociación de Hombres por la Igualdad de Género

Proxecto cofinanciado por:

 

Derradeira actualización: 15-11-2009