María José Alonso Fernández, premio Wonenburguer 2013

O Pleno da Unidade da Muller e Ciencia, celebrado en Santiago o día 3 de setembro, e presidido pola Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella onde, acordou conceder o premio Wonenburguer 2013 á catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, María José Alonso en recoñecemento á súa exitosa traxectoria profesional.

María José Alonso Fernández naceu en Carrizo de la Ribera (León), en 1958, chegou a Galicia como estudante de Farmacia e agora é Catedrática do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago de Compostela, tamén é membro das reales academias de Farmacia de Galicia e España.

A investigadora, foi pioneira na nanotecnoloxía aplicada á biomedicina en España no anos 80, e tamén a primeira da ciencia española en liderar un proxecto financiado pola Fundación Bill and Melinda Gates, dentro das súas liñas de axuda ao desenvolvemento de melloras sanitarias para o terceiro mundo, cun proxecto de vacinas nasais para a hepatite B.

A calidade de Alonso chamou a atención de institucións como a Organización Mundial da Saúde (OMS), que a apoiou nun estudo sobre a posibilidade de obter unha vacina antitetánica dunha única dose, e da Fundación Bill and Melinda Gates, que financiou en 2005 o seu proxecto para avanzar cara a unha vacina nasal para a hepatite B, dentro do programa de investigación da fundación en busca de melloras sanitarias para o terceiro mundo.

María José Alonso entrou no top ten mundial no ránking de farmacoloxía e toxicoloxía elaborado polo Times Higer Education. O Seu traballo tradcúcese en case 40 proxectos de I+D, máis de 200 publicacións científicas e a consecución de 12 patentes, entre elas as de Advancell, a empresa afincada en Barcelona que ven de inaugurar un laboratorio en Campus Vida.

Alonso está involucrada nun proxecto europeo de deseño de tratamentos contra o cancro máis selectivos en colaboración co grupo clínico do doutor Rafael López no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, coa vista posta en que os seus resultados teñan a máis rápida tradución para o paciente. Alonso tamén formou parte do grupo de 25 expertos que asesoraron a Cristina Garmendia á fronte do Ministerio de Ciencia e a elaboración da Lei da ciencia, canda a catedrática de Filoloxía Inglesa da Universidade de Barcelona, Carmen Muñoz; a de Análise Xeográfica Rexional da Autónoma de Madrid Josefina Gómez; e a directora de relacións institucionais de Zeltia, Carmen Eibe.

María José Alonso acaba de ser galardonada en junio de 2011 con el Premio Jaime I en la categoría de Nuevas Tecnologías. O premio recoñece o seu destacado traballo nos campos da nanotecnoloxía farmacéutiva e nanomediciña, que están tento un grande impacto no desenvolvemento de novas solucións terapéuticas.