A Xunta reivindica a coeducación para eliminar actitudes e estereotipos que sustentan as desigualdades de xénero.

A secretaria xeral de Igualdad, Susana López Abella, inaugurou la XV edición do curso de verán “Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades 2.0: Feminismo, Violencias, Coeducación”

  • A Xunta reivindica a coeducación para eliminar actitudes e estereotipos que sustentan as desigualdades de xénero.
  • A Xunta reivindica a coeducación para eliminar actitudes e estereotipos que sustentan as desigualdades de xénero.

Lalín (Pontevedra), 8 de julio de 2019.-

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na inauguración da XV edición do curso de verán Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades 2.0: Feminismo, Violencias, Coeducación. López Abella defendeu a importancia da coeducación para acometer un cambio profundo nas actitudes e estereotipos sexistas que aínda persisten na sociedade e que, en consecuencia, seguen perpetuando as desigualdades.

López Abella analizou os últimos datos sobre delitos contra a liberdade sexual en España e Galicia. Os feitos coñecidos aumentaron nos dous casos, de aí a importancia de que as administracións sigan poñendo en marcha todos os recursos preventivos posibles, entre os que a educación é un factor fundamental. A secretaria xeral tamén destacou a relevancia de xornadas como as de hoxe en Lalín, que teñen como obxectivo concienciar e divulgar un modelo de igualdade libre de prexuízos e estereotipos.

Entre as iniciativas postas en marcha polo Goberno galego, López Abella destacou as xornadas de prevención e sensibilización da violencia sexual na mocidade nos 7 campus das 3 nas universidades galegas, a elaboración da guía violencia sexual cara ás nenas e mulleres con discapacidade, e puntualizou que Galicia é a primeira comunidade autónoma en España en levar a cabo unha campaña de prevención e actuación ante o acoso sexual nos lugares de traballo dirixida aos colexios profesionais.

Cabe destacar que A Xunta destina este ano 5,1 millóns de euros ás axudas periódicas para vítimas de violencia de xénero, o orzamento máis alto desde a súa posta en marcha en 2006. Desde ese ano e ata 2018 destináronse máis de 33,6 millóns a estas prestacións, o que permitiu atender a 4.338 mulleres.