Rueda avoga pola colaboración entre todas as administracións para avanzar na erradicación da ‘lacra’ da explotación sexual

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, avogou pola colaboración entre distintas administracións, forzas e corpos de seguridade, entes sociais e organismos dependentes para avanzar na difícil tarefa de erradicar a explotación sexual. Rueda fixo estas declaracións na inauguración da xornada "Adopción de medidas de prevención, investigación e tratamento ás mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual" que se celebrou esta mañá na EGAP, dentro dos actos do Día Internacional contra a explotación sexual e a trata de persoas (23 de setembro).

  • Rueda avoga pola colaboración entre todas as administracións para avanzar na erradicación da ‘lacra’ da explotación sexual
  • Rueda avoga pola colaboración entre todas as administracións para avanzar na erradicación da ‘lacra’ da explotación sexual
  • Rueda avoga pola colaboración entre todas as administracións para avanzar na erradicación da ‘lacra’ da explotación sexual
  • Rueda avoga pola colaboración entre todas as administracións para avanzar na erradicación da ‘lacra’ da explotación sexual
  • Rueda avoga pola colaboración entre todas as administracións para avanzar na erradicación da ‘lacra’ da explotación sexual

Segundo o conselleiro, esta "lacra social" só poderá ser afrontada xuntando esforzos e vontades a todos os niveis e nesa liña traballa a Xunta de Galicia, que presta especial atención ao apoio ás vítimas. Así, destacou a posta en marcha do protocolo de actuación institucional sobre adopción de medidas de prevención, investigación e tratamento ás mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual, asinado en xaneiro pola Fiscalía Superior de Xustiza de Galicia e polo presidente da Xunta.

Ademais, tamén destacou a estreita relación do Goberno galego con ONG que traballan na detección e recuperación das vítimas e os convenios asinados con estas para a posta en marcha dos centros e recursos nos que a protección e recuperación das vítimas que decidan colaborar coa xustiza no desenmascaramento das mafias sexa unha realidade.

Por último, Rueda expresou o desexo do Goberno galego de avanzar na cooperación internacional para chegar ata o cerne do problema, naqueles países onde as mafias actúan na captación de mulleres. Deste xeito, a Xunta colabora co departamento correspondente do goberno portugués e con entidades internacionais que traballan na materia co obxectivo de poder dar unha maior efectividade a súa actuación a través da implicación das autoridades e da sociedade civil naqueles países onde operan as mafias que trasladan ás mulleres ata Galicia e Portugal.

Dereito Social e Administración Pública
Previamente o conselleiro inaugurou as xornadas sobre Dereito Social e Administración Pública na EGAP, nas que se analizaron algunhas cuestións relativas á reforma da Seguridade Social e ao Dereito do Traballo, "cuestións punteiras" e esenciais segundo Rueda.

Ademais, no transcurso desta xornada abordouse a reestruturación da Administración Pública central, autonómica, local e institucional no campo do emprego público, das relacións laborais, da acción social, asistencia social e réximes complementarios da Seguridade Social.