A Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia decidiu ampliar ata 2011 a itinerancia polos concellos galegos das tres exposicións que desenvolveu durante este ano debido ao éxito que estas tiveron e á crecente demanda por parte dos concellos.
Durante o ano 2010, no marco das actividades de fomento da igualdade promovidas pola Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral da Igualdade realizou tres exposicións que están a percorrer diferentes concellos da nosa comunidade; sen embargo foron moitos os municipios que quedaron fóra por problemas de tempo. Ante esa situación decidiuse ampliar a todo o ano 2011 estas exposicións, que están reunidas no programa "Con elas".
As corporacións municipais interesadas en expor algunha delas, durante un período aproximado de 15 días, poderán solicitalas, antes do 1 de decembro de 2010, enviando a solicitude de inscrición que pode descargarse na documentación adxunta desta nova.
As exposicións que integran o programa "Con elas" son: