Actualidade

Ex., 21-01-2017
Ex., 21-01-2017
13/01/2017
O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de axudas para entidades sociais para a atención integral de persoas en situación de explotación sexual ou vítimas de trata

Para o desenvolvemento destes proxectos, o orzamento ascende a máis de 480.00 euros, cofinanciados polo Fondo Social Europeo

Subvenciona proxectos de atención integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral

Teñen como finalidade apoiar a recuperación e a integración social e laboral destas persoas

  • Susana López Abella e Marisol Díaz Mouteira presentaron en rolda de prensa as axudas concedidas a 40 concellos da provincia de Ourense para promoción da igualdade
12/01/2017
A Xunta concede máis de 540.000 euros a 40 concellos da provincia de Ourense para a promoción da igualdade e segue a apostar pola prestación conxunta de servizos

Na convocatoria deste ano a contía das axudas outorgadas pola Secretaría Xeral da Igualdade a nivel autonómico ascende a 3,3 millóns de euros

Susana López Abella e Marisol Díaz Mouteira presentaron en rolda de prensa estas axudas e destacaron o incremento da cooperación entre municipios e a xestión compartida o que redunda nunha maior eficiencia e eficacia

A prevención e tratamento integral da violencia de xénero, o fomento da conciliación e o apoio aos Centros de Información ás Mulleres son as tres liñas de actuación subvencionadas

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, ofreceron esta mañá unha rolda de prensa para dar a coñecer as axudas e subvencións que os concellos lucenses recibirán para promoción da igualdade
11/01/2017
A Xunta de Galicia inviste máis de 539.000 euros en políticas de igualdade nos municipios de Lugo

Trinta e cinco concellos repártanse 474.433,75 euros en axudas para o sostemento do persoal e actividades dos once centros de información á muller lucenses

Nove concellos máis reciben 65.497 euros para impulsar medidas dirixidas a facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, informou hoxe en Vigo da resolución das axudas para programas de fomento da conciliación, prevención da violencia de xénero e apoio aos CIM
10/01/2017
A Xunta de Galicia destina preto de 1,1 millóns de euros a fomentar a promoción da igualdade nos concellos da provincia

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, informou hoxe en Vigo da resolución das axudas para programas de fomento da conciliación, prevención da violencia de xénero e apoio aos CIM

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, resaltou que dous concellos da área territorial, Vigo e Redondela, reciben subvención para as tres liñas de axudas chegando no caso da cidade olívica aos 67.000 euros 

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, informaron esta mañá en rolda de prensa da nova convocatoria de axudas
09/01/2017
A Xunta dá a coñecer as liñas de axudas para a promoción da igualdade na provincia da Coruña, que este ano segue a reforzar a prioridade dos proxectos de xestión compartida

A Secretaría Xeral da Igualdade destinará este ano 3,3 millóns de euros para a posta en marcha de distintos programas por parte das entidades locais

A convocatoria engloba a promoción da conciliación, a prevención e tratamento da violencia de xénero e o apoio aos Centros de Información ás Mulleres

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta na provincia, Ovidio Rodeiro, presentaron esta mañá a liña de subvencións